Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: cambio de 10/20 kV Boiro-derivada ó C.T. Castelo.
Situación: Boiro e a Pobra do Caramiñal.
Descripcións técnicas: cambio de tensión de 10 a 20 kV na liña Boiro-derivada ó C.T. castelo en Boiro e a Pobra, e así mesmo nas liñas que alimentan os CC.TT. de San Mauro, Escarabote, Ribeiriña, Recosta, Baltar e conservas Escurís. Cambio de tensión de 10 a 20 kV nos CC.TT. Espiñeira, Aducil, Boiro da Cima, Ponte Goiáns, Canquiña, Roroño, San Mauro, Pozo Negro, Grupo escolar de Escarabote (todos do concello de Boiro), e Casas, Recosta, San Isidro, Santa Cruz de Lestón, Rego e Baltar (concello da Pobra) e os particulares de formación profesional, aguas Coroño, Cartogal, Conservas Escuris, Harinas del Atlantico, Onza de Oro, Elevadora de aguas e Maconsa. Boiro e a Pobra do Caramiñal.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 25 de setembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7323

 
 
 
 