De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social (edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra administración pública tramitaráselle o seu traslado a esta Comu
nidade Autónoma e unha vez concedido pola súa administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o funcionario seleccionado non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1996.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura e Comunicación Social
ANEXO I
vacantes traballo traballo destino Específ. posto escala especifícaNº
Cód. posto
Localidade Departam. Posto de
Grupo Nivel C.
Compl.
Tipo
Corpo
Formación
Compostela
especial Compostela
especial1 Santiago de
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural Xefe/a de Servicio de Protección de Patrimonio Cultural A/B 28 1.639.104 N Xeral/
1 Santiago de
Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual Xefe/a de Servicio de Estudios e Análise A/B 28 1.639.104 N
Xeral/
vacantes traballo traballo destino Específ. posto escala especifícaNº
Cód. posto
Localidade Departam. Posto de
Grupo Nivel C.
Compl.
Tipo
Corpo
Formación
115770036 Compostela
015770001 Compostela
1 CUC020000
Santiago de
Secretaría Xeral Xefe/a Habilitación I A/B/C 25 1.147.368 S Xeral 1 CUC030000
Santiago de
Dirección Xeral de Promoción Cultural Secretario/a do director xeral C/D 18 524.508 N Xeral Mecanografía
Anexo II
Modelo de solicitude:
Úsese o publicado na páxina 9.347.
96-7468