Visto o expediente do convenio colectivo Quesos de Galicia, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-7-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 27-6-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 22 de xullo de 1996.
Mª Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
Acta de outorgamento de convenio colectivo
En Narón o 27 de xuño de 1996. Reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Quesos de Galicia, S.A. (Quegalsa), constituída por Jorge Fernández García, en nome e representación da dirección da empresa, e en representación dos traballadores os delegados de persoal Andrés Lage Combarro, Francisco Fonte Pena e José Luis Díaz Pérez, acordan por unanimidade aproba-lo seguinte texto do convenio colectivo de aplicación á empresa Quegalda, Quesos de Galicia, S.A.
Capítulo I
Disposicións xerais
Sección primeira
Extensión e vixencia
Artigo 1º.-Ámbito territorial.
O presente convenio aplicarase no centro de traballo de Quegalsa, Quesos de Galicia, S.A. de Narón, ou calquera que no sucesivo se establezan.
Artigo 2º.-Ámbito persoal.
O presente convenio afectará a tódolos traballadores adscritos a esta empresa, tanto con carácter fixo como eventual.
Todo o persoal obrigado por este convenio ten o deber de cumprilo e esixi-lo seu cumprimento.
Artigo 3º.-Ámbito temporal.
O presente convenio estará en vigor desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1997, prorrogándose de ano en ano, agás o disposto no artigo seguinte.
A súa aplicación será inmediata ó seu asinamento, sexa cal sexa a data de publicación no boletín oficial.
Sección segunda
Revisión e rescisión
Artigo 4º.-Denuncia.
Calquera das partes poderá formular denuncia, propoñendo revisión ou rescisión cunha antelación dun mes, como mínimo, respecto á data da súa expiración, ou do período de vixencia de calquera das súas prórrogas.
En caso de denuncia, a negociación do novo convenio iniciarase durante o mes seguinte ó do vencemento do presente convenio.
Artigo 5º.-Incumprimento.
Todo o persoal afectado por este convenio poderá denuncia-lo seu incumprimento na súa totalidade ou en parte.
Artigo 6º.-Comisión paritaria.
Constitúese unha comisión paritaria composta por parte da dirección por Jorge Fernández García e outras dúas persoas que este designe e por Andrés Lage Combarro, Francisco Fonte Pena e José Luis Díaz Pérez, por parte dos traballadores, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes en aplicación e interpretación deste convenio.
Sección terceira
Respecto de dereitos, compensación e absorción
Artigo 7º
Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos cós concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación.
Artigo 8º
Sen prexuízo de que poidan estenderse a calquera situación as melloras establecidas no convenio, nin da facultade de amplialas, a empresa, se estivese aboando salarios superiores ós regulamentariamente esixidos, non estará obrigada a aplica-las elevacións que polas presentes estipulacións se fixen.
Así mesmo, as melloras establecidas no presente convenio, serán compensables ou absorbibles por calquera elevación salarial que por disposición legal puidese establecerse.
Capítulo II
Asignacións económicas
Artigo 9º
Os soldos base deste convenio son os que figuran no anexo adxunto; a súa táboa salarial enténdese para xornada completa en cada categoría profesional e posto de traballo.
A táboa salarial é a que figura no anexo para os anos 1996 e 1997.
Artigo 10º
O total de horas de traballo durante o ano 1996 ascenderá a 1.826 horas.
Artigo 11º.-Antigüidade.
Para os dous anos de vixencia do convenio colectivo o importe do quinquenio é do 10% do salario base do convenio para o ano 1996, coa limitación contida no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores, na súa primitiva redacción.
Artigo 12º.-Plus de axuda ó transporte.
Mantense en 100 ptas./diarias para todo tipo de persoal, sen distinción de categorías profesionais, segundo a xornada laboral completa.
O dito plus cobrarase exclusivamente os días de asistencia ó traballo, non sendo computable en vacacións, IT, permisos, etc.
Artigo 13º
Mantense o plus compensatorio de 60 ptas. por día de traballo, facéndose extensible a todo o persoal con alta na empresa anterior ó 1-6-1992.
Esta plus pasará a cobrarse, ademais dos días de asistencia ó traballo, durante os días de incapacidade temporal; non será aboado nas vacacións.
Artigo 14º
Mantense o plus de vestiario, aplicable a todo o persoal; a súa contía será de 5.817 ptas. ó mes, e non se aboará nas pagas extraordinarias.
Artigo 15º
Mantéñense as tres gratificacións voluntarias que se pagan na actualidade, equivalente cada unha delas a unha mensualidade, computándose nelas o salario convenio e maila antigüidade.
Artigo 16º
Acórdase mante-la póliza de accidentes de traballo para tódolos traballadores, con cobertura durante as 24 horas do día e nas seguintes cantidades:
-Catro millóns de pesetas en caso de invalidez permanente absoluta ou total.
-Dous millóns de pesetas en caso de falecemento.
Neste último caso aboarase a cantidade sinalada ás persoas que xustifiquen se-los herdeiros legais do traballador fallecido.
Ademais, en caso de incapacidade permanente e absoluta derivada de enfermidade común ou accidente non laboral a cantidade de dous millóns de pesetas.
Capítulo III
Disposicións varias
Artigo 17º.-Xerarquía.
Co fin de que tódolos traballadores coñezan en todo momento as xerarquías da empresa e a súa sección, desde a entrada en vigor do presente convenio, a dirección da empresa publicará en lugar visible o organigrama actualizado da empresa, e en cada sección o seu propio.
Artigo 18º.-Difusión.
A dirección porá á disposición de todo o persoal exemplares do presente convenio. Así mesmo, o convenio permanecerá exposto durante a súa vixencia no taboleiro de anuncios.
Artigo 19º.-Vacacións.
Trinta días naturais para tódalas categorías profesionais. Seguirá vixente o sistema rotativo, aceptado polo persoal, recollido en canto ó seu funcionamento no artigo do convenio colectivo de 1986.
Artigo 20º.-Cadro de quendas e descansos.
Antes das 12 horas de cada venres a empresa terá a obriga de confeccionar e publica-los cadros de quen
das e descansos da semana seguinte, correspondentes ó cadro suxeito a este réxime de traballo.
A empresa, ó confecciona-la lista de quendas, terá en conta que se descansen a maior cantidade de domingos posibles.
As quendas de domingos que sexan por quenda de lista, serán consideradas como servicios mínimos.
Artigo 21º.-Festivos.
O número de festivos non recuperables para este ano serán os que indique a lexislación vixente. O persoal que entre a formar parte da lista dos domingos terá preferencia para traballa-los festivos.
Artigo 22º.-Festas de Nadal.
Os días 24 e 31 de decembro a segunda quenda será de catorce a dezanove horas, e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro a primeira das quendas será de 9 a 14 horas, computándose como xornada laboral completa para tódolos efectos.
Así mesmo, as dúas quendas do día 25 de decembro e 1 de xaneiro serán realizadas por aqueles ós que lles correspondan os labores de servicios mínimos, é dicir, mantemento, recepción de leite e control de calidade; descanso o resto do persoal.
Artigo 23º.-Licencias.
O persoal terá dereito a licencias retribuídas nos seguintes casos e coa extensión seguinte:
a) Por defunción de pais, irmáns, cónxuxe e fillos, catro días, se o falecemento ten lugar dentro da provincia, e seis se tivese lugar fóra dos seus límites, sempre e cando se produza o desprazamento.
b) Por defunción de pais e irmáns políticos, dous días dentro da provincia é tres fóra dela, sempre e cando se produza o desprazamento.
c) Por enfermidade grave de pais, cónxuxe, fillos e irmáns, tres días dentro da provincia e catro fóra dela, sempre que se produza o desprazamento.
d) Por nacemento de fillo, catro días.
e) Por casamento, quince días.
f) Por traslado de domicilio, un día.
Os días considéranse naturais.
Artigo 24º
A empresa entregaralle ós traballadores roupa de traballo adecuada ás súas necesidades e respectivas funcións, e queda obrigada a mante-lo reposto necesario para atende-las necesidades derivadas da producción, respectándose, en todo caso, as normas de seguridade e hixiene.
Artigo 25º.-Retribución en caso de enfermidade común o u accidente laboral.
En caso de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, a empresa aboará o complemento necesario para que xuntamente coa prestación económica da Seguri
dade Social, o traballador perciba a partir da data da baixa, o salario total fixado por este convenio, é dicir, o salario base e maila antigüidade exceptuando a axuda ó transporte.
A empresa terá a facultade de que o médico de empresa, ou o que se designe, visite no seu domicilio e recoñeza o traballador cantas veces se crea conveniente. Así mesmo, poderá requiri-lo productor en baixa para que se presente a recoñecemento coa periodicidade que se coide necesaria.
Nos casos de desconformidade coa situación de baixa, a dirección e o comité de empresa nomearán un facultativo para que efectúe o recoñecemento oportuno; do seu dictame dependerá o aboamento do complemento ó que fai referencia o presente artigo, así como o seguinte.
Artigo 26º.-Retribución en caso de accidente laboral.
En caso de accidente de traballo que dea lugar a unha IT, a empresa aboará o complemento necesario para que, xunto coa prestación que perciba da mutualidade laboral ou mutua patronal, o traballador accidentado perciba o total dos seus salarios desde o primeiro día que resulte accidentado e durante todo o tempo que teña dereito á citada prestación económica, a excepción do plus de axuda ó transporte como no caso de enfermidade común.
Recoñéceselle á empresa a mesma facultade de vixilancia e comprobación establecida no artigo anterior.
Artigo 27º.-Horas extraordinarias.
A realización de horas extraordinarias axustarase ós seguintes criterios:
a) Reduciranse ás mínimas imprescindibles e a súa realización será de carácter voluntario.
b) Respecto das horas extraordinarias por causa de forza maior, realizaranse as que veñan esixidas para previr e reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta, nin para efectos de duración máxima da xornada laboral ordinaria, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.
c) Entenderanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza das actividades de que se trate.
As horas extraordinarias aboaranse conforme a lexislación vixente, comunicándoselle mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité ou delegados de persoal.
Artigo 28º
A empresa seguirá aboando ós seus traballadores as mesmas cantidades que polo concepto do suprimido imposto de rendemento de traballo persoal (IRTP) lles correspondería pagar a cada un o 1 de xaneiro de 1979.
As ditas cantidades quedan consolidadas nas súas contías actuais e non poderán ser absorbidas por cal
quera aumento salarial futuro, xa sexan por disposición legal, por convenio ou laudo.
Artigo 29º
Cando por necesidades da empresa un traballador sexa desprazado fóra da súa residencia habitual por un período superior a 24 horas, aboaráselle, á parte dos gastos de desprazamento e estadía, unha compensación económica suplementaria de 1.500 ptas. diarias.
Artigo 30º
A empresa aboaralles ós productores que se xubilen ó cumpri-los 65 anos de idade, como máximo, un premio na contía de 10.000 ptas. por ano de servicio, entendéndose que os que superen a dita idade renunciarán a este.
Esta mesma cantidade seralle aboada ós que causen baixa definitiva na empresa, por enfermidade, accidente laboral ou falecemento. Neste último caso, aboaráselles ós que xustifiquen se-los seus herdeiros. Nos supostos deste apartado, o premio será concedido nas mesmas condicións ca no apartado anterior.
Artigo 31º.-Dereitos sindicais.
Os delegados de persoal, disporán do crédito de horas mensuais que a lei determine.
Sen rebaixa-lo máximo, poderán ser consumidas as horas retribuídas co fin de preve-la asistencia a cursos de formación organizados polos sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.
Os traballadores poderán esixirlles ós delegados de persoal a realización de asembleas cando o solicite o 10% do cadro de persoal.
Artigo 32º
A partir do 1 de xaneiro de 1997 aboarase un complemento de productividade do 0,5% sobre a táboa de salarios do ano 1996. Para a súa determinación tomaranse como base de cálculo os resultados obtidos no ano 1995 de horas tonelada, desclasificados, devolucións de mercado e extracto seco de producto. Para os productos mestura tomaranse como base de cálculo os valores medios do último trimestre de 1996. O seu importe será o resultante de tódolos elementos que compoñen a base de cálculo, expresado en tanto por cento e multiplicando esta porcentaxe polo 0,5% fixado para este concepto. O pagamento efectuarase dunha soa vez coa nómina do mes de xaneiro de 1998.
No non previsto no presente convenio observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na vixente ordenanza laboral para as industrias lácteas.
ANEXO
Táboa salarial para 1996 Quesos de Galicia, S.A.
Categorías Mes Anual
Persoal técnico Técnico xefe 176.811 2.652.165 Técnico superior 164.203 2.463.045 Técnico medio 127.132 1.906.980
Categorías Mes Anual
Técnico operador 117.478 1.762.170 Técnico diplomado 117.478 1.762.170
Non titulados Xefe de fabricación 123.696 1.855.440 Contramestre ou xefe de sección 122.087 1.831.305 Encargado 118.559 1.778.385 Capataz 115.559 1.733.385 Oficial de 1ª especialista 115.029 1.725.435 Coordinador de zona 115.029 1.725.435 Oficial de 1ª laboratorio 112.016 1.680.240 Oficial de 1ª mantemento 109.985 1.649.775 Inspector de distrito 108.470 1.627.050 Oficial de 2ª laboratorio 103.931 1.558.965 Oficial de 2ª mantemento 106.451 1.596.765 Auxiliar de inspección 105.950 1.589.250 Auxiliar laboratorio 98.384 1.475.760
Empregados administrativos Oficial de 1ª 109.985 1.649.775 Oficial de 2ª 106.451 1.596.765 Auxiliar administrativo 98.384 1.475.760 Telefonista 93.410 1.401.150
Comerciais Inspector ou promotor 115.029 1.725.435 Vendas Viaxantes 105.932 1.588.980 Repartidores 95.388 1.420.820
Subalternos Almaceneiros 100.493 1.507.395 Listeiro 93.410 1.401.150 Garda e sereno Limpador
Persoal de fabricación Supervisor de liña 108.471 1.627.065 Especialista de 1ª 102.415 1.536.225 Especialista de 2ª 100.339 1.505.085 Especialista de 3ª 98.384 1.475.760 Peón especialista 95.388 1.430.820 Peón 93.410 1.401.150 Oficial 1ª conductor 105.446 1.581.690
Táboa salarial para 1997 Quesos de Galicia, S.A.
Categorías Mes Anual
Persoal técnico Técnico xefe 182.999 2.744.991 Técnico superior 169.950 2.549.252 Técnico medio 131.582 1.973.724 Técnico operador 121.590 1.823.846 Técnico diplomado 121.590 1.823.846
Non titulados Xefe de fabricación 128.025 1.920.380 Contramestre ou xefe de sección 126.360 1.895.401 Encargado 122.709 1.840.628 Capataz 119.604 1.794.053 Oficial de 1ª especialista 119.055 1.785.825 Coordinador de zona 119.055 1.785.825 Oficial de 1ª laboratorio 115.937 1.739.048 Oficial de 1ª mantemento 113.834 1.707.517 Inspector de distrito 112.266 1.683.997 Oficial de 2ª laboratorio 107.569 1.613.529 Oficial de 2ª mantemento 110.177 1.652.652 Auxiliar de inspección 109.658 1.644.874 Auxiliar laboratorio 101.827 1.527.412
Empregados administrativos Oficial de 1ª 113.834 1.707.517 Oficial de 2ª 110.177 1.652.652 Auxiliar administrativo 101.827 1.527.412 Telefonista 96.679 1.450.190
Categorías Mes Anual
Comerciais Inspector ou promotor 119.055 1.785.825 Vendas Viaxantes 109.640 1.644.594 Repartidores 98.727 1.480.899
Subalternos Almaceneiros 104.010 1.560.154 Listeiro 96.679 1.450.190 Garda e sereno Limpador
Persoal de fabricación Supervisor de liña 112.267 1.684.012 Especialista de 1ª 106.000 1.589.993 Especialista de 2ª 103.851 1.557.763 Especialista de 3ª 101.827 1.527.412 Peón especialista 98.727 1.480.899 Peón 96.679 1.450.190 Oficial 1ª conductor 109.137 1.637.049
9605873

