Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 3-9-1996, o Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico de Cambados, en cumprimento do disposto polo artigo 114 da Lei do solo, do 26-6-1992, expónselle ó público o expediente na secretaría do concello, polo prazo de dous meses, durante os que se poderá examinar e formular contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunos.

A partir da publicaciónd este anuncio no DOG e BOP de Pontevedra (e na prensa diaria), o período inicial para exame e presentación de alegacións iniciarase a contar a partir do día seguinte ó da inserción do primeiro dos anuncios que se publiquen, e rematará o período o último día no que

se cumpran dos meses desde o día seguinte ó da inserción do segundo dos ditos anuncios.

Cambados, 10 de setembrod e 1996.

O alcalde accidental

Rubricado

6711