Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN definitiva do plan parcial de Navia.

O Pleno deste concello, en sesión celebrada o día 3 de xuño de 1996, aprobou definitivamente o texto refundido do Plan Parcial de Navia (2444/411), presetnado por Xestur Pontevedra, S.A., en representación do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e redactado por Alameda, 12, S.L., e acordou o seguinte:

Primeiro.-Desestimar, estimar parcialmente ou estimar na súa totalidade as seguintes alegacións presentadas durante o período de exposición pública, segundo se expón a seguir:

1. Miguel Alonso Costas (475133): desestimada.

2. María Comesaña Iglesias (37135), (37137) e (475127): tomar nota do informado pola alegante.

3. Manuel Leites Amoedo (371870) e (371871): tomar nota do informado polo alegante.

4. José Leivas Andina (372929): tomar nota do informado polo alegante.

5. Eduardo Comesaña Iglesias (372085): tomar nota do informado polo alegante.

6. José A. Comesaña Campos (475120): tomar nota do infirmado polo alegante.

7. Cándido Costas Alonso e outros (475113): desestima-la alegación no referente, e estimar par

cialmente a alternativa de ordenación no sentido que estime oportuno a corporación.

8. Cándido Iglesias Alfaro (371457): tomar nota do informado polo alegante.

9. Joaquina Canoa Galiana (475099): estima-la alegación e excluí-la parcela do ámbito do PAU.

10. María Teresa Goberna Fernández e outro (475108): estimar parcialmente a alegación no referente a excluír do ámbito do PAU a parcela da alegante.

11. María Teresa Barreiro Comesaña (372969) e (372975): tomar nota do informado pola alegante.

12. Juan Ignacio Costa Boronat (475654), presentada fóra de prazo: estima-la alegación e incluí-la parcela no ámbito.

Segundo.-As parcelas excluídas do ámbito do PAU e do plan parcial a resultas da estimación de alegacións, en virtude da determinación do PXOU que permite o reaxuste do ámbito ata un máximo do 5%, resultando as parcelas excluídas coa clasificación e cualificación das colindantes, considerándose todas elas clasificadas en solo urbano e incorporadas ás situadas ó oeste do ámbito nos núcleos colindantes das parroquias de Alcabre e Navia (01-03 Alcabre-Barreiro A, 11-02 Devesa, A) e, para o caso das situadas ó leste, entre o camiño de Pelaios e a rúa Porriño, precisarán cada unha das bolsas de solo dun estudio de detalle para vivendas unifamiliares, cos mesmos parámetros cós previstos nas parcelas colindantes polo plan parcial (ED-13-A, 13-B e 13-C e ED 14-A, 14-B e 14-C), cunha edificabilidade de 1 m/m e unha altura máxima de baixo e unha planta.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo de aprobación definitiva no DOG, así como, en cumprimento do artigo 8.d) da Lei 7/1995, do Parlamento galego, comuncarllo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, dándolle ademais traslado dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares dos documentos que integran o plan parcial debidamente dilixenciados. En virtude deste mesmo precepto, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan parcial queda condicionada á recepción do expediente completo na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, así como á publicación das súas normas no BOP.

Vigo, 2 de setembro de 1996.

P.D.

José A. Gil Sotres

Rubricado