Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado: gasificacion de Galicia: gasoducto Vilalba-Tui.

O Consello da Xunta de Galicia, ó amparo do establecido no capítulo V da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, na súa reunión do vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis, adoptou o acordo do que se ordena a publicación.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado: gasificación de Galicia: gasoducto Vilalba-Tui.

En aras do interese público das obras que comporta a execución do proxecto de instalacións gasificación de Galicia: gasoducto Vilalba-Tui, infraestructura básica en canto constitúe o eixe troncal para a gasificación integral de Galicia, como servicio público que é, a prestación da cal debe ser garantida e tutelada por esta comunidade autónoma.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, logo de informe da Consellería de Industria e Comercio, acórdase:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado: gasificación de Galicia: gasoducto Vilalba-Tui.

Segundo.-En consecuencia, o planeamento dos entes locais en que se asentan as instalacións previstas no proxecto queda vinculado ás determinacións contidas no citado proxecto sectorial.

Terceiro.-Para os efectos previstos na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, quedan expresamente cualificadas coma de marcado carácter territorial as obras necesarias para a execución do proxecto.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

7629