Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996 pola que se convocan dous cursos sobre investigación de incendios, dirixidos ós membros dos corpos de bombeiros da Comunidade Autónoma de Galicia, e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, a formación dos bombeiros é unha das tarefas encomendadas á devandita academia.

Con base no anterior anúnciase a celebración de dous cursos sobre investigación de incendios, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos.

Dota-los participantes dos coñecementos necesarios no tema da investigación de incendios, co

fin de que, cando teñan que instruír algunha investigación, a desenvolvan con total seguridade e decisión pola súa parte, sendo en todo momento conscientes de que o procedemento que se vai seguir sexa o máis axeitado.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos de bombeiros da Comunidade Autónoma de Galicia, e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazas.

O número de prazas ofertadas para cada curso será de 40.

Iinscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 12 de novembrode 1996, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito levará consigo á non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos terán unha duración de 20 horas lectivas, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

-Orixe, evolución e estado actual da investigación de incendios; alcances e responsabilidades na investigación, ética do investigador.

-Normas de referencia e fontes de información para a investigación de incencios e sinistros.

-Comportamento dos incendios, patrón de desenvolvemento típico dos incendios; efectos asociados a eles.

-O papel da fotografía na investigación de incendios, toma, catalogación e arquivo de fotografías e vídeos para investigación.

-A escena do sinistro, importancia da escena, busca, identificación e preservación de evidencias, etc.

Datas.

Os cursos celebraranse nas seguintes datas:

1º curso: 18, 19 e 20 de novembro.

2º curso: 20, 21 e 22 de novembro.

O horario será o seguinte:

1º curso: para mandos de bombeiros e membros da escala executiva da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Horario: os días 18 e 19 o horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas; e o día 20 o horario será de 10 a 14 horas.

2º curso: para bombeiros e membros da escala básica e de subinspección da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Horario: o día 20 o horario será de 16 a 20 horas; e os días 21 e 22 será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 14 de novembro no taboleiro de anuncios da Academia

Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

Na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na rúa Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ó remate de cada curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

7573