Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.740

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (306/1989-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber que nos autos de procedemento xudicial sumario do Art. 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 306/1989, promovidos polo procurador Barreiro Fernández, en nome e representación de Francisco Montero Godínez, contra Manuel Quintas Seoane e María Josefa Vidal Junco, acordouse sacar a pública poxa por tres veces e por termo de vinte días cada un dos seguintes predios en tres lotes:

1. Casa número 12 da rúa López Ferreiro de Santiago de Compostela, con terreo xardín anexo unido, ocupando a casa e o xardín a superficie duns 200 metros cadrados. Lindeiros: norte, rúa López Ferreiro; dereita, entrando, oeste, xardín da casa número número 10 da mesma rúa; esquerda; leste, casa número 14 da propia rúa, e pola parte traseira sur, xardín da casa número 11 da rúa Eduardo Pondal. Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, tomo 546, libro 213, folio 75, predio número 9.304, inscrición terceira. Valorada en 26.800.000 ptas.

2. Unha sexta parte indivisa do predio seguinte: local comercial que é planta baixa visto o edificio desde a rúa San Andrés, e semisoto visto desde a estrada de Noia a Ribeira. Superficie útil aproximada, 150 metros cadrados. Ten acceso directo desde a citada rúa San Andrés, independentemente do portal que dá ás vivendas. Lindeiros: norte, rúa San Andrés e escaleiras; sur, subsolo da estrada de Noia a Ribeira; leste, de Arturo Romero e oeste de Antonio González Pena e Josefa Carballal Romero e portal, corredor e escaleira. Cota: 14 por 100. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 587, libro 86, folio 16, predio número 6.899, inscrición primeira. Valorada en 268.000 ptas.

3. Vivenda, primeira dereita, da planta alta da súa denominación, que ocupa a parte norte do inmoble. Superficie útil aproximada, 80 metros cadrados. Ten acceso directo desde a rúa San Andrés, a través do portal. Lindeiros, norte, rúa San Andrés; sur, patio de luces, escaleira e predio número 4; leste, de Arturo Romero e oeste, dos esposos Antonio González Pena e Josefa Carballo Romero. Élles anexo un rocho no faiado baixo cuberta, sinalado coa inscrición primeiro dereita. Cota 11 por 100. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 587, libro 86, folio 24, predio número 6.901. Inscrición primeira. Valorada en 2.680.000 ptas.

A poxa terá lugar o día vinteseis de novembro de 1996 ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado ó prezo taxado na escritura de constitución

de hipoteca, que é de 26.800.000 ptas. para o primeiro lote, 268.000 ptas. para o segundo lote, e 2.680.000 ptas. para o terceiro lote; se non concorren ofertantes, sinálase para a segunda o día vinteseis de decembro de 1996 ás doce horas, cun tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; se non hai licitadores na segunda, sinálase para a terceira o día vintenove de xaneiro de 1997 ás doce horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior ás cantidades sinaladas, que é o tipo pactado na mencionada escritura, en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso, en canto á terceira poxa, admitirase sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual polo menos ó 20 por 100 do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego cerrado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuada a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do Art. 131 da Ley hipotecaria, están de manifesto na secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes entendéndose que o remate os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non ser achado nela este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, dous de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9607377