Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/127-2-4608 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. vivendas sociais-Illas Canarias.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable UNE D.H.V. 12/20 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 720 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000±2,5%±5%/398-230 V, para dar servicio eléctrico ás vivendas sociais na rúa Illas Canarias, en Lugo.

Orzamento: 11.877.480 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7309