Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 3 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-108/1996, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311-152-116/7, Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 3 de outubro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegación provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-108/1996.

Denunciado: Valentín Díaz García.

DNI: 32.660.097.

Último enderezo coñecido: Alto Xestoso-Monfero (A Coruña).

Feitos imputados: atopar nas cortes situadas en Vilarente (Abadín) cinco xovencas procedentes dos Países Baixos que son parte dunha partida de nove animais que chegaron a España amparados por un certificado sanitario internacional nº 102443 de data do 8-2-1996, no que figuraba como destino final Ganados Santaballa, S.L.

Tipificación da infracción:-Precepto infrinxido: parágrafo 4º do apartado b) do apartado 1 do artigo 5 do Real decreto 1326/1992, do 30 de outubro (BOE nº 288, do 1 de decembro).-Precepto sancionador: artigo 212 do Regulamento de epizootias.

Sanción imposta: 50.000.

7726