Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de cognición número 302/1996 consta a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes, así como o auto de aclaración de sentencia que contén a parte dispositiva que tamén se insire a seguir:
«Sentencia. En Santiago de Compostela o sete de maio de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, os presentes autos de xuízo de cognición número 302/1995 sobre reclamación de cantidade, seguidos en virtude de demanda formulada polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación de CMAC España S.A. de Financiación, con domicilio social en Madrid, edificio Master, Xeneral Perón nº 38, co letrado Cándido Francisco Rivera, contra Domingo Suárez Casal, maior de idade, veciño de Santiago de Compostela,
domiciliado en Campillo de Guadalupe, e Mercedes Castro Vázquez, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela, con igual domicilio, e declarados procesualmente en rebeldía.
Decido: que, estimando a demanda formulada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en nome e representación de CMAC España S.A. de Financiación, debo condenar e condeno os demandados Domingo Suárez Casal e Mercedes Castro Vázquez, declarados procesualmente en rebeldía, a que lle aboen á entidade demandante a cantidade de cincocentas sete mil oitocentas setenta pesetas (507.870); así como os xuros legais correspondentes, e todo iso con expresa imposición das custas procesuais ós demandados.
Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, e fágaselles saber que, contra ela, poden interpor ante este xulgado recurso de apelación, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, para que o resolva a Audiencia Provincial da Coruña».
Parte dispositiva do auto de aclaración de sentencia
Que se aclara a sentencia que recaeu neste procedemento con data sete de maio de mil novecentos noventa e seis no sentido de que, onde conste o nome da demandada como Mercedes Castro Vázquez, debe constar como Mercedes Castelo Vázquez.
E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e seis.
Rubricado

