De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na sua nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei. Esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.
Cuarto.-Os/as aspirantes deberán presentar xunto coa petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.
Quinto.-No caso de que resulten seleccionados/as para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde, funcionarios/as con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días segundo o segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de considerarse oportuno, declararse desertos os postos de traballo.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo, ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería da vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
ANEXO I
Código de traballo Centro directivo Localidade escala Grupo Nivel Específico Titulación
Denominación do posto
Corpo ou
Esp.
Esp.
OT.B01.00.000.15770.038 Xefe Unidade Persoal e Réxime Interior Augas de Galicia, Secretaría Xeral Santiago de Compostela Admón. xeral A/B 28 1.639.104 2062. Lic. en dereito
OT.B01.00.002.15770.021 Xefe Unidade Xestión de Ingresos Augas de Galicia, Departamento Réxime Económico-Financeiro Santiago de Compostela Admón. xeral/
A/B 28 1.639.104 2998. Titulado superior
OT.B01.00.002.15770.035 Xefe Unidade Xestión Orzamentaria Augas de Galicia, Departamento Réxime Económico-Financeiro Santiago de Compostela Admón. xeral/
A/B 28 1.639.104 2998. Titulado superior
OT.B01.00.002.15770.039 Xefe de Negociado de Habilitación Augas de Galicia, Departamento Réxime Económico-Financeiro Santiago de Compostela Admón. xeral B/C/D 20 590.076
OT.B99.20.000.36560.001 Xefe do Servicio Territorial de Augas de Galicia Augas de Galicia, Demarcación Galicia-Sur Vigo Admón. especial A/B 28 1.376.844 2004. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos
ANEXO II
Nota: úsese o que se publica na páxina 10.697
8651

