Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación forzosa de bens e dereitos situados nas parroquias de Meirama e As Encrobas, no termo municipal de Cerceda, para a explotación mineira integral de Lignitos de Meirama, S.A. (Limeisa).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinalar o día 12 de decembro de 1996 ás 11, 12 e 13 horas para que o pagador da entidade Lignitos de Meirama, S.A. (Limeisa), beneficiaria deste proceso expropiatorio, proceda diante do representante desta delegación de do alcalde e secretario nas oficinas da casa do concello de Cerceda ós pagamentos dos prezos xustos determinados polo Xurado Provincial de Expropiación e mailos xuros ós titulares propostos dos predios expropiados ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto, e contidas neste proceso expropiatorio e na relación que

se expón xunto con este anuncio no taboleiro de edictos do dito concello.

A Coruña, 5 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8370