Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.845

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 417/1996, do 21 de novembro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de: Fene, Lousame, Miño e Monfero (provincia da Coruña) e Ribadeo (provincia de Lugo).

A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. O mesmo artigo establece no seu apartado 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia.

Tendo en conta o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa reunión do día un de xullo de mil novecentos noventa e seis, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único

Quedan aprobados os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos que figuran no anexo do presente decreto.

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

NOME OFICIAL

NOME QUE FIGURABA NO NOMENCLÁTOR

PROVINCIA DA CORUÑA
FENE
Barallobre (Santiago)BARALLOBRE (SANTIAGO)
Fene (San Salvador)FENE (SAN SALVADOR)
Limodre (Santa Eulalia)LIMODRE (SANTA EULALIA)
Magalofes (San Xurxo)MAGALOFES (SAN JORGE)
Maniños (San Salvador)MANIÑOS (SAN SALVADOR)
Perlío (Santo Estevo)PERLIO (SAN ESTEBAN)

NOME OFICIAL

NOME QUE FIGURABA NO NOMENCLÁTOR

San Valentín (San Valentín)SAN VALENTIN
Sillobre (Santa Mariña)SILLOBRE (SANTA MARINA)

LOUSAME
Camboño (San Xoán)CAMBOÑO (SAN JUAN)
Fruíme (San Martiño)FRUIME (SAN MARTIÑO)
Lesende (San Martiño)LESENDE (SAN MARTIÑO)
Lousame (San Xoán)LOUSAME (SAN JUAN)
Tállara (San Pedro)TALLARA (SAN PEDRO)
Toxos Outos (San Xusto)TOXOS OUTOS (SAN XUSTO)
Vilacova (Santa Eulalia)VILACOBA (SANTA EULALIA)

MIÑO
Bemantes (San Tomé)BEMANTES (SANTO TOME)
Callobre (San Xoán)CALLOBRE (SAN JUAN)
Carantoña (San Xulián)CARANTOÑA (SAN JULIAN)
Castro (Santa María)CASTRO (SANTA MARIA)
Leiro (San Salvador)LEIRO (SAN SALVADOR)
Miño (Santa María)MIÑO (SANTA MARIA)
Perbes (San Pedro)PERBES (SAN PEDRO)
Vilanova (San Xoán)VILANOVA (SAN JUAN)

MONFERO
Alto de Xestoso, O (Santa María)GESTOSO (SANTA MARIA)
Queixeiro (San Xurxo)QUEIJEIRO (SAN JORGE)
San Fiz de Monfero (San Fiz)MONFERO (SAN FELIX)
Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá)MONFERO (SANTA JULIANA)
Taboada (Santa Mariña)TABOADA (SANTA MARINA)
Val de Xestoso, O (San Pedro)GESTOSO (SAN PEDRO DEL VALLE)
Vilachá (Santa María)VILACHA (SANTA MARIA)

PROVINCIA DE LUGO

RIBADEO
Arante (San Pedro)ARANTE (SAN PEDRO)
Cedofeita (Santa María Madanela)CEDOFEITA (STA M MAGDALENA)
Couxela (Santiago)COUXELA (SANTIAGO)
Covelas (San Vicente)CUBELAS (SAN VICENTE)
Devesa, A (Santalla)DEVESA (SANTA OLAIA)
Ove (San Xoán)OBE (SAN XOAN)
Piñeira (San Xoán)PIÑEIRA (SAN XOAN)
Ribadeo (Santa María)RIBADEO (SANTA MARIA)
Rinlo (San Pedro)RINLO (SAN PEDRO)
Santalla de Vilausende (Santalla)VILAOSENDE (SANTA OLAIA)
Vilaframil (San Lourenzo)VILAFRAMIL (SAN LOURENZO)
Vilaselán (Santa María)VILASELAN (SANTA MARIA)

8941