Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo revisado de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de comercio de materiais de construcción (código 2700175), da provincia de Lugo, asinado o día 28 de xuño de 1996, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo e das centrais sindicais UGT, USO e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de agosto de 1996.

Carlota Novo Ríos

Secretaria provincial de Lugo

Convenio colectivo de traballo revisado para a actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio colectivo regula as condicións de traballo en tódalas empresas que se dediquen á actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento.

Artigo 2º.-Carácter.

As condicións que nel se estipulen teñen o carácter de mínimas e, na súa virtude, son nulos e non producirán efecto ningún entre as partes os pactos ou cláusulas que, individualmente ou colectivamente, impliquen condicións menos favorables para os traballadores.

Artigo 3º.-Lexislación supletoria.

No non previsto no presente convenio será de aplicación a legislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE de 20-5-1992, así como o acordo sectorial ó nacional.

Artigo 4º.-Ámbito funcional.

O convenio afecta a tódolos traballadores e empresas incluídas no ámbito funcional salvo o persoal directivo nivel I.

Artigo 5º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo de traballo é de aplicación obrigatoria a toda a provincia de Lugo e afectará os centros de traballo radicados nela, aínda cando tivesen as empresas o seu domicilio social noutras, e os traballadores que fosen trasladados doutras a esta.

Artigo 6º.-Vixencia e incrementos salariais.

O convenio terá vixencia para efectos económicos e de xornada laboral desde o 1º de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996. As condicións económicas para este período son as que figuran na táboa salarial como anexo I. A xornada laboral para este período será a que figura como anexo II.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial.

Aplicarase o disposto no acordo sectorial nacional para 1996, que se una como anexo.

Artigo 8º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese tal suposto as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, para o obxecto de resolve-lo problema formulado. Se no prazo de 45 días, a partir da data da firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non acadasen un acordo, comprométense a fixa-lo calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 9º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisión do convenio haberá de efectuarse cunha antelación de tres meses á súa data de terminación, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 10º.-Absorción, compensación, condicións mínimas e condicións máis beneficiosas.

As condicións do presente convenio absorberán ou compensarán calquera outra que existan á entrada en vigor e as que puidesen establecerse durante a súa vixencia, con respecto das condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas á entrada en vigor do convenio.

Artigo 11º.-Aviso previo do cesamento.

O persoal comprendido neste convenio, está obrigado a comunicar, por escrito, o cesamento na empresa, cos prazos seguintes:

Técnicos: tres meses, como mínimo.

Empregados: quince días de traballo efectivo como mínimo.

Persoal obreiro: dez días de traballo efectivo como mínimo.

Artigo 12º.-Conservación do equipo mecánico.

Todo traballador, responsable dun equipo mecánico de traballo terá a obriga, durante a xornada laboral de traballo- e nos tempos mortos-de coidar da boa conservación e mantemento del, podéndose esixir responsabilidades, en caso contrario.

Artigo 13º.-Categorías profesionais.

Os empregados percibirán niveis retributivos que lles correspondan segundo a súa categoría profesional e aténdose, para iso, á clasificación que fai a ordenanza de traballos da construcción, vidro e cerámica de 1970, modificada por Orde do 27 de xullo de 1973.

Réxime de traballo

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

Para 1996 a xornada normal de traballo será de 1.768 horas efectivas anuais de traballo que se realizarán en razón de 40 horas semanais, para repartir de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario fixado pola comisión mixta do convenio.

Artigo 15º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais para tódalas categorías.

O inicio das vacacións por parte dos traballadores farase sempre en día hábil.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no artigo 38 do Estatuto dos trabajadores que di textualmente:

1. O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por compensación económica, será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

2. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. A falta de acordo haberá que aterse ó disposto nos convenios colectivos sobre planificación anual das vacacións, respectándose, en calquera caso, os criterios seguintes:

A) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

B) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderanse fixa-los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

C) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

D) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e contra a súa decisión non caberá recurso.

3. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, cando menos, do comezo do desfrute.

4. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

5. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación da súa baixa na empresa.

6. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase aquel se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de ILT.

7. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións sobreviñese a situación de incapacidade laboral transitoria, a súa duración computarase como días de vacación, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de ILT

8. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

Artigo 16º.-Permisos e licencias.

1. O traballador, con aviso previo de polo menos corenta e oito horas, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, está facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

A) Quince días naturais en caso de matrimonio.

B) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

C) Un día por matrimonio de fillos.

D) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

E) Dous días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

F) Un día, por traslado do domicilio habitual.

G) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudios que estea realizando en centros de ensino, universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado recoñecidos.

Cando polos motivos expresados nos apartados B), C), D), E), o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, os prazos sinalados neles incrementaranse en dous días naturais.

2. Nas mesmas condicións que as previstas no apartado 1 do presente artigo, o traballador poderá ausentarse do traballo polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal un período determinado de ausencia, haberá que aterse ó que esta dispoña, en canto á súa duración e compensación económica.

No suposto de que, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo público, o traballador perciba unha compensación económica, calquera que sexa a súa denominación, descontarase o importe dela da retribución a que tivese dereito na empresa.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación de traballo en máis do vintecinco por cento das horas laborables nun período de tres meses, a empresa encóntrase facultada para decidi-lo paso do traballador afectado á situación de excedencia forzosa, con tódolos efectos inherentes a ela.

3. Os traballadores, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito, sen perda ningunha de retribución, a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, e igualmente sen perda de retribución, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral en media hora diaria coa mesma finalidade. No caso de que a nai e o pai traballen, este permiso poderá ser desfrutado unicamente por un deles.

4. O traballador que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

O exercicio deste dereito por parte do traballador durante os primeiros nove meses de vida do menor é incompatible co previsto no apartado 3 do presente artigo.

Os convenios que teñan establecidas nesta materia condicións máis beneficiosas, manteranse nos seus propios termos.

Retribucións

Artigo 17º.-Réxime económico.

1. Pagamento do salario.

A) Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos primeiros cinco días hábiles

do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía que non será superior ó 90% das cantidades devengadas.

B) As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á de finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

C) O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de mera permanencia no centro de traballo e por tanto non retribuído a ningún efecto.

D) As empresas quedan facultadas para paga-las retribucións e anticipos a conta deles, mediante cheque, transferencia ou otra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose o cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

E) O traballador deberá facilitarlle á empresa, no momento do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

2. O réxime retributivo salarial, para tódolos traballadores comprendidos no presente convenio será o establecido, para cada categoría profesional, nas táboas salariais, que figuran como anexo.

Para tódalas categorías, os salarios estipúlanse mensualmente, con independencia do número de días naturais de cada mes.

Cando proceda a aplicación do salario/día, resolverase dividindo a retribución mensual por trinta (30).

Artigo 18º.-Plus de asistencia, puntualidade e productividade.

Establécese este plus para os traballadores que con rendemento normal e correcto e ademais coa debida puntualidade, non teña ningunha falta de asistencia, non xustificada, ó traballo.

O dito plus será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

No suposto de hospitalización do traballador, percibirá o plus completo, pero, neste caso, non será cotizable á Seguridade Social nin accidentes de traballo pola súa condición de indemnización ou suplidos polo gastos realizados como consecuencia da súa situación laboral.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído, directamente, da base de cálculo das horas extraordinarias.

Artigo 19º.-Perda do plus de asistencia, puntualidade e productividade.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días de plus.

A segunda xornada non traballada completa suporá a perda de dez días de plus.

A terceira xornada non traballada completa suporá a perda do importe total mensual, do dito plus.

As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural.

Para a determinación do plus diario, para tódolos efectos, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura baixo este concepto nas táboas de salarios. A perda deste plus é independente das sancións que por comisión de faltas de asistencia poidan ser impostas pola empresa, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia.

Para estes efectos non se entenden como faltas inxustificadas as faltas en situación de baixa oficial. Por enfermidade ou accidente, vacacións, licencias retribuídas ó amparo do convenio xeral do sector e demais disposicións legais, e licencias retribuídas con permiso ou expresa autorización da empresa. A perda deste plus é independente das sancións que, por comisión de faltas de asistencia, poidan ser impostas pola empresa, de acordo coas disposicións en vigor, sobre a materia.

Puntualidade. Respecto ó horario de traballo, por parte dos traballadores, a puntualidade é de necesaria observancia e esixiráselles a tódolos traballadores comprendidos neste convenio .

Enténdese por puntualidade a presencia do persoal á hora de comezo da xornada, no seu centro de traballo, así como non abandona-lo traballo, antes da finalización daquela.

Complementos salariais

Artigo 20º.-Aumentos periódicos por anos de servicios.

O persoal comprendido no presente convenio colectivo de traballo percibirá aumentos periódicos por anos de servicio na empresa, consistentes no aboamento de cuadrienios nas contías fixadas no anexo.

Cada cuadrienio, calcularase sobre o salario vixente nese preciso instante da categoría profesional con carácter fixo ata o transcurso do tempo fixado para que se cumpra outro cuadrienio, igualmente, sobre o salario vixente, nese preciso instante; a súa cantidade acumularase á que xa tivese recoñecida con anterioridade.

A partir da entrada en vigor, do presente convenio, ós traballa dores en período de aprendizaxe computaráselles o tempo dela para o cálculo de aumentos periódicos por anos de servicio.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles.

A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo, máis antigüidade.

As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores que ingresan ou cesan no transcurso de cada semestre natural devengarán a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante el, de acordo co que determina o artigo 62 do convenio xeral.

Artigo 22º.-Indemnizacións non salariais.

1. Plus extrasalarial. Comprende plus de transporte e distancia ata 12 km do centro urbano e roupa e calzado de traballo.

Será satisfeito, unicamente, en xornada realmente traballada completa e non será cotizable para efectos de Seguridade Social e accidentes de traballo, precisamente pola súa condición de indemnización ou suplido polos gastos realizados con consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación deste plus diario dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura, para cada nivel profesional, no presente artigo e nas táboas de retribucións mensuais e anuais anexas ó presente convenio.

Os traballadores comprendidos no presente convenio ós que se lles esixa levar uniforme, serán provistos del pola empresa.

Os importes mensuais deste plus, para cada nivel fíxanse na táboa anexa.

2. Premio por estudios para 1996.

Establécese un premio por estudios que consistirá no aboamento de 1/2 paga sobre o salario base máis antigüidade que se aboará na 1ª quincena de outubro e establécese, co carácter de indemnización extrasalarial non cotizable á Seguridade Social.

Artigo 23º.-Compensación por enfermidade en accidente de traballo.

En caso de enfermidade común, accidente non laboral, accidente de traballo ou enfermidade profesional, o persoal en situación de incapacidade laboral transitoria percibirá, con cargo á empresa, polo período dun ano como máximo, o salario que lle corresponda polo presente convenio, incrementado cos aumentos periódicos por anos de servicio.

A empresa descontará deles, durante o dito período de tempo, as prestacións económicas que lle corresponda aboar ó INSS.

Artigo 24º.-Axuda por xubilación.

As empresas concederanlle un complemento de xubilación a aqueles traballadores que, con dez anos -como mínimo- de antigüidade na empresa, se xubilen voluntariamente durante a vixencia do presente convenio.

A súa cantidade irá en función da seguinte escala:

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 12 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 11 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 10 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 9 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 8 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 65 anos: 6 mensualidades.

As ditas mensualidades serán calculadas sobre o salario base.

Para a súa percepción, haberán de solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente.

As mencionadas axudas soamente se lles concederán a aqueles traballadores que non se acollan ós beneficios determinados no artigo seguinte.

Outras disposicións

Artigo 25º.-Salario mínimo.

O salario mínimo interprofesional non modificará a estructura do presente convenio nin a contía das retribucións salariais pactadas nel sempre e cando se lle garantan ó traballador ingresos superiores, en cómputo anual ós mínimos fixados polas disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

Artigo 26º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Haberá que aterse ó disposto para o efecto ó convenio xeral ó do sector e demais lexislación xeral aplicable.

Artigo 27º.-Contrato para traballo ou fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados.

Este contrato formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustarase a algúns destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra con independencia da súa duración, e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución. Deberá reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra, por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberáselle comunicar por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesa

mento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. Non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicarlle por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior; cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita de cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal. En canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causas imprevisibles para o empresario principal e allea á súa vontade, tras lle dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto 1º. A representación dos traballadores do centro, ou no seu defecto a comisión paritaria, disporán, se é o caso, dun prazo, máximo improrrogable dunha semana para a súa contestación, contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer un novo emprego ó traballador cesado cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo do acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado para o segundo suposto.

Este suposto non poderá ser aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,50% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 28º.-Outras modalidades de contratación.

Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados nos reais decretos 1989/1984 e 2104/1984, ou normas que os substitúan, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibiren unha indemnización por conclusión do 7%, se a duración fose inferior a 181 días, e do 4,5%, se a duración fose igual ou superior a 181 días, calculadas sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

En materia de contratos de aprendizaxe haberá que aterse ó disposto no A.S.N. anexo.

Artigo 29º.-Finiquitos.

O recibo de finiquito da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme ó modelo que figura como anexo deste convenio. A Asociación

Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo editarao e proverá de exemplares a tódalas empresas do sector da provincia.

Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de finiquito do modelo citado.

O recibo de finiquito, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo terá validez unicamente dentro dos quince días seguintes ó da data en que foi expedido.

Una vez asinado polo traballador, o recibo de finiquito producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores no acto da sinatura do recibo de finiquito.

Artigo 30º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1º do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que no ámbito deste convenio colectivo poderán ser elixibles os traballadores que teñan 18 anos cumpridos e unha antigüidade na empresa, polo menos, de tres meses.

Artigo 31º.-Indemnizacións por morte e incapacidade permanente absoluta derivada de accidentes de traballo ou enfermidade profesional.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio.

A) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicables vixentes en cada momento.

B) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 4.500.000 ptas. no ano 1996; para a súa cobertura as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que haberán de exhibir ó traballador que así llo solicite.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaranse á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas de Seguridade Social.

A indemnización en caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional comezará a obriga-lo día 1º do mes seguinte ó da entrada en vigor deste convenio, e o seu importe considerarase entrega a conta das cantidades que como indemnización con cargo á empresa fixen os tribunais de calquera orde jurisdiccional.

Artigo 32º.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituí-la Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Formación Profesional, integrada por un representante de cada unha das

centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

A) Requirir das administracións públicas e autonómicas competentes, o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector da construcción e que colabore no desenvolvemento, tanto dos que xa están en marcha como dos que poidan iniciarse en diante.

B) Elabora-los estudios pertinentes de necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regrada.

C) Elabora-los plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais coas equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

D) Cantas outras funcións a propia comisión acorde atribuírse encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional de sector no ámbito territorial do convenio.

Ademais do disposto nos apartados anteriores, haberá que aterse ó establecido no A.S.N. que se une como anexo ó convenio.

Artigo 33º.-Comisión Mixta Paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe, nos problemas ou cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión deliberadora e como vocais un representante por cada unha das centrais sindicais, asinantes do convenio, e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, igual ó total dos das centrais sindicais; será secretario o vocal de menor idade.

As partes poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes someten expresamente á dita comisión mixta paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación do presente convenio. A este respecto fíxase como requisito para poder proceder, a submisión previa do asunto á comisión mixta paritaria do presente convenio .

Artigo 34º

No non previsto por este convenio haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción, e acordo sectorial nacional, e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a ordenanza laboral da construcción de 28-8-1970, salvo en materia de clasificación profesional.

Calendario laboral correspondente ás actividades de comercio de materiais de construcción

da provincia de Lugo para o ano 1996

DíaXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1F888FS88D8FD

288S88D8888S8

38SD8888S88D8

48D8FS88D8888

5888FD8888S88

6S88S88S88D8F

7D88D88D8S88S

888888S88D88D

988S88D8888S8

108SD8888S88D8

118D88S88D8888

128888D8888S88

13S88S88S88D88

14D88D88D8S88S

1588888S8FD88D

1688S88D8888S8

178SD8F88S88D8

188D88S88D8888

198088D8888S88

20SFL8S88S88D88

21D88D88D8S88S

2288888S88D88D

2388S88D8888S8

248SD8888S88D0

258D88S8FD888F

268888D8888S88

27S88S88S88D88

28D88D88D8S88S

2988888S88D88D

308S88D8888S8

318D88S80

TOT176152168160168160176168168184160144

Este calendario laboral foi confeccionado tendo en conta as festas locais de Lugo municipio (20 de febreiro e 5 de outubro); no resto dos municipios da provincia deberán ser substituídas as ditas datas polas propias do seu respectivo municipio.

Este calendario aplicarase conforme o artigo 14.2º do vixente convenio colectivo e terá en conta que a xornada para 1996 será de 1.768 horas efectivas, polo que para o axuste da xornada ó convenio consideraranse como non laborables os días 19 de febreiro e 24 e 31 de decembro. Nas localidades ou empresas onde non se desfrutase o día 19 de febreiro como 0 horas, desfrutarase o día anterior ou o seguinte hábil a unha festividade local.

Ademais, en cada empresa o traballador terá dereito á oportuna reducción da xornada laboral en seis días opcionais a desfrutar por acordo entre traballador e empresa, naqueles municipios en que as festividades locais coincidan en sábado ou ponte.

Táboa de retribucións do convenio de comercio de materiais de construcción e saneamento

Desde 1-1-1996 a 31-12-1996

GratificaciónsAntigüidade

mes: de

CategoríasNiveisSalarioPlus Asist.Plus extraTotalVacaciónsTotalvencemento

base

mensual

Prod. e

Punt.

mensual

salarial

mensual

mensualanualXulloNadalanualdurante

vixencia

cuadrienio

Encargado xeralII al IV81.63028.21111.433121.274112.787112.787112.7871.672.3753.313
E. Xral. establecementoV75.69827.04510.786113.529106.336106.336106.3361.567.8272.937
Of. Administr. 1ª e outrosVI73.70822.2198.649104.576104.455104.455104.4551.463.7012.596
Capataz e outrosVII73.70817.7488.09799.553100.698100.698100.6981.397.1772.596
Oficial 1ª e outrosVIII73.70816.5197.90298.129100.218100.218100.2181.380.0732.596
Oficial 2ª e outrosIX73.7087.9026.86788.47796.85796.85796.8571.263.8182.596
Axudantes e outrosX73.7086.5756.73687.01996.34196.34196.3411.246.2322.596
Peón especialista e outrosXI73.7086.1866.67386.56796.18896.18896.1881.240.8012.596
Peón ordinario e outrosXII73.6551.2315.99180.87794.25594.25594.2551.172.4122.596

Contrato de traballo de persoal fixo de obra

En o....... de de 199....

REUNIDOS: por parte da empresa,

Don/Dona

DNI En concepto de

Empresa Nº CIF

Domicilio

Nº SS empresa

Domicilio centro de traballo

Nº SS centro de traballo

E do traballador,

Don/Dona Nivel de estudios terminados

Data de nacemento DNI

Domicilio

Acordan formaliza-lo presente contrato de traballo persoal fixo de obra, que se rexerá polo disposto no convenio colectivo provincial de traballo para a actividade de, subscrita o día, e

publicado no BOP de Lugo nº....., de data.............., e no seu defecto polo convenio xeral do sector construcción e demáis normativa de xeral observancia e polas cláusulas particulares seguintes:

1. O traballador prestará os seus servicios na categoría de: na obra de:

1.1. Non obstante, ámbalas partes tamén acordan que o traballador poderá prestar servicios á empresa, en distintos centros de traballo da provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la condición de fixo de obra, devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

1.2. Se o traballador non aceptase, de modo expreso, a prestación de servicios noutras obras distintas da indicada no contrato, darase este por finalizado, e deberá aboarlle á empresa a indemnización que por cesamento se establece no convenio, consistente no 4,50% sobre os conceptos salariais devengados durante a prestación de servicios.

2. O tempo convido é o de duración dos traballos da súa especialidade na obra, onde preste os seus servicios, coa particularidade establecida nos apartados 1.1 e 1.2 do presente contrato; a terminación deberá comunicarse cun período de aviso previo de quince días, substituíble por unha indemnización equivalente ó importe dos conceptos salariais correspondentes ós días omitidos no aviso previo.

3. O período de proba será de días efectivos de traballo. Durante o período de proba calquera das partes poderá dar por finalizada a relación laboral, sen aviso previo nin formalidade ningunha, nin dereito a indemnización.

4. O traballador percibirá as retribucións que correspondan conforme o convenio vixente para a actividade.

5. A situación de incapacidade laboral transitoria do traballador, durante o período de proba, implicará a interrupción deste mentres dura a incapacidade; poderá rescindirse o contrato conforme o disposto na cláusula 3.

E en proba de conformidade, con todo o exposto, ámbalas partes asinan por cuadruplicado exemplar, o presente documento, en lugar e data indicado.

O/A traballador/aPola empresa

ACORDO SECTORIAL NACIONAL DA CONSTRUCCIÓN PARA 1996

Preámbulo

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Madera, Construcción y Afines da Unión Xeral de Traballadores (FEMCA-UGT), e a Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (FECOMA-CC.OO.), todas ellas en representación laboral, e a Confederación Nacional da Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da Construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no Art. 3.2. do Convenio Xeral do Sector da Construcción (CXSC), acordan,

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente Acordo Sectorial Nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren a empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do CXSC, subscrito con data 10 de abril de 1992.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente no ano 1996, logo da súa publicación no Boletín oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1996.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1996 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contenido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no apartado anterior.

3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexerá nas materias por el reguladas, salvo que sexan de dereito necesario, substituíndoas, por tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1996, os convenios provinciais aplicarán un incremento do tres noventa e cinco por cento (3,95%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións, e pluses salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no Art. 86.6. do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.

4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 6º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 1996 supere o tres con noventa e cinco por cento (3,95%), efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no Art. 5.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 7º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1996, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas previstas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporán un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador haberá de acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

Artigo 8º.-Materias pendentes de negociación.

As partes acordan constituír, de inmediato, unha mesa de negociación que, antes do 30 de xuño de 1996, estudie as posibles alternativas á problemática que suscita o cumprimento do terceiro fin da Fundación Laboral da Construcción.

Artigo 9º.-Aprendizaxe.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato de aprendizaxe pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de xoves. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso

indica-la oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente ós contratos de aprendizaxe se leve a cabo a través das institucións formativas das que se dotou o sector.

2. De conformidade co establecido no apartado 3 da disposición transitoria primeira do CXSC, a presente regulación substitúe integramente o establecido nesta materia nos convenios colectivos provinciais ou, se é o caso, autonómicos, sen prexuízo do estipulado nos apartados 10 e 11 do presente artigo.

3. O contrato de aprendizaxe terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 32. poderán ser obxecto deste contrato de aprendizaxe os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira de CXSC.

5. O contrato de aprendizaxe poderase celebrar con traballadores que cumprisen os 16 anos e menores de 24 anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a aprendizaxe.

6. O tipo de traballo que debe presta-lo aprendiz estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade os menores de 18 anos para os oficios de vixilante, poceiro e entibador, nin para aquellas tarefas que expresamente fosen declaradas como especialmente tóxicas, penosas, perigosas e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

7. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos, sen prexuízo do establecido no apartado 12.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes da súa terminación por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica o Art. 29.1.3. do CXSC.

Espirada a duración máxima do contrato de aprendizaxe , o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

8. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designa-la persona que actuará como titor do aprendiz, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra có aprendiz.

9. Tódalas accións de formación teórica previstas para os aprendices serán financiadas con cargo ó acordo tripartito de formación continua dos traballadores ocupados. Para tal efecto, o oportuno plan sectorial de formación preverá a desagregación de partidas e apartados correspondentes á formación en aprendizaxe.

10. As retribucións dos aprendices serás a seguinte:

Táboas salariais de aprendices

De 16 e 17 anos primeiro ano 50%, segundo ano 55%.

De 18 a 26 anos primeiro ano 60%, segundo ano 65%, terceiro ano 70%.

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

Aqueles convenios provinciais que á entrada en vigor do presente acordo teñan unha retribución salarial superior ás porcentaxes do primeiro parágrafo deste punto manterana como condición máis beneficiosa ata ser alcanzado por este, quedando en consecuencia conxelados os ditos salarios ata a súa equiparación.

11. O plus extrasalarial regulado no Art. 65.1 do CXSC será devengado polos aprendices en igual contía có sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días en que dure o contrato.

12. Toda situación de incapacidade temporal do aprendiz inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo a aquel en que o contrato estivese suspendido.

13. Se concluído o contrato, o aprendiz non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da aprendizaxe e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o aprendiz na súa formación práctica.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

14. No prazo dun ano a partir da sinatura deste acordo e a través da Comisión Paritaria de Formación, fixaranse os niveis e contidos da parte teórica de cada especialidade e as probas prácticas que se van realizar para observa-los progresos realizados e o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 10º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

1. As partes asinantes asumen o contido íntegro do Acordo sobre Solución Extrajudicial de Conflictos Laborais (ASEC) e do seu regulamento de aplicación, publicados no BOE do 8-2-1996, que desenvolverán os seus efectos nos ámbitos do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), co alcance previsto no propio ASEC.

2. O texto do precedente apartado 1 queda integrado e formando parte como apartado 6, do Art. 22 do CXSC, adicionándose a el, con supresión da disposición derrradeira segunda, sobre procedementos arbitrais, do citado convenio xeral.

Artigo 11º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma en que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. O seus acordos interpretativos deste Acordo Sectorial Nacional terán a mesma eficacia que a da cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do Art. 21 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para solventa-las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido no Art. 22.6. do CXSC.

Artigo 12º.-Denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no Art. 85.2.d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1996.

7521