Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de obras que se citan (RC-PO-96.15 e outra máis).

De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial resolve publica-las adxudicacións dos seguintes contratos:

Clave: RC-PO-96.15

Título da obra: mellora da seguridade vial e acondicionamento da plataforma na PO-354 Patas (C-550). O Rosal, pk 0.000/3,500 e PO-360 O Rosal - Loureza, pk 5.000/9.250.

Empresa adxudicataria: Viales y Construcciones, S.A.

Importe da adxudicación: 89.484.164 pesetas.

Clave: OH-PO-96.5

Título da obra: reposición da distribución de augas a Liñares. As Neves.

Empresa adxudicataria: COVSA.

Importe da adxudicación: 8.153.380 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 31 de outubro de 1996.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

8788