Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do procedemento sancionador de montes 95/082MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e do seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, o.p. no

prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguínte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 7 de novembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador número: 95/082MP

Denunciado: Manuel García Erias

Último enderezo coñecido: estrada de Eirís 15-3ºC A Coruña.

Feitos denunciados: cortar sen autorización carballos, castiñeiros e ameneiros.

Preceptos:

-Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

-Sancionador: 432 do Regulamento de montes.

Sanción: 21.000 ptas.

9069