Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996 pola que se anuncia o concurso público 11/1996 procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun sistema semiautomático de disgregación de mostras, para os servicios xerais de apoio á investigación. (Expediente 1038/1996).

Convócase concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun sistema semiautomático de disgregación de mostras, para os servicios xerais de apoio á investigación.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da subministración por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catro millóns oitocentas noventa e cinco mil pesetas (4.895.000).

Garantía provisional: noventa e sete mil novecentas pesetas (97.900).

A Coruña, 7 de novembro de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Gerente

9073