Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

CONCURSO.

De conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto para a elaboración dos traballos de redacción de normas subsidiarias de planeamento e cartografía do Concello de Burela, se ben, no suposto de que se produzan reclamacións en contra do prego de cláusulas administrativas particulares, a contratación se aprazará ata que as resolva a propia corporación.

1.-Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Burela.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2.-Obxecto do contrato.

a) Redacción de normas subsidiarias de planeamento e cartografía do Concello de Burela.

b) Lugar de execución: Concello de Burela.

c) Prazo de execución: catorce meses.

3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4.-Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 8.000.000 de ptas., IVE incluído.

5.-Garantías.

a) Provisional: 160.000 ptas.

b) Definitiva: 320.000 ptas.

6.-Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Burela.

b) Domicilio: rúa Pardo Bazán, nº 6.

c) Localidade e código postal: Burela, 27880.

d) Teléfono: 58 60 00.

e) Telefax: 58 59 45.

f) Data límite de obtención de documentos e información: doce días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

8.-Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Burela, 26 de novembro de 1996.

Manuel Mon Roco

Alcalde

8667