Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autoriza a impartición experimental dun programa de garantía social durante o curso 1996/1997 ó centro Calvo Sotelo da Coruña.

Examinado o expediente que presenta o centro Calvo Sotelo dependente da Deputación Provincial da Coruña polo que solicita a impartición do programa de garantía social introducción ás máquinas e ferramentas.

Tendo en conta a Orde do 9 de maio de l996 (DOG do 28 de maio), pola que se regula a oferta de programas de garantía social durante o curso 1996/1997, con carácter experimental, en centros públicos ou privados homologados de formación profesional de Galicia.

Esta dirección xeral, por proposta favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

RESOLVE:

Autorizar, para o curso escolar 1996/1997, a impartición do programa de garantía social introducción ás máquinas e ferramentas, da familia profesional de fabricación mecánica ó centro Calvo Sotelo da Coruña.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa