Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1996 pola que se comunica o resultado do sorteo ó que fai referencia o apartado cuarto da Orde do 14 de outubro de 1996 (BOE do 22).

Para xeral coñecemento e efectos, comunícase que, como resultado do sorteo previsto no apartado cuarto da Orde do 14 de outubro de 1996 (BOE do 22), pola que se establecen as normas procedementais aplicables nos concursos de traslados de ámbito nacional, convocados por ordes do 15 e 21 de outubro de 1996 (DOG do 4 de novembro e 25 de outubro, respectivamente) entre funcionarios docentes que imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de ordenación do sistema educativo, foron extraídas as letras «S» e «S» co obxecto do desempate a que se refire o precitado apartado.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal