Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 8 de outubro de 1996 (BOE do 23 de outubro), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.
Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, o decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, 292/1996, do 26 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes radicadas no territorio desta Comunidade Autónoma, nemea a:
-Alfredo-Arturo Lorenzo Otero, notario de Vigo, 1ª, para a Notaría de Lugo.
-Santiago Botas Prego, notario de Ourense, 1ª, para a Notaría de Vigo (Calvario).
-Manuel Remuñán López, notario de Ponferrada, 2ª, para a Notaría de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
-Luis-Manuel Gómez Varela, notario de Caldas de Reis, 3ª, para a Notaría de Betanzos (A Coruña).
-Marcelino Estévez Fernández, notario da Pobra de Trives, 3ª, para a Notaría do Grove (Pontevedra).
-Manuel-Antonio Martínez Rebollido, notario de Vigo, lª, para a Notaría de Lugo.
-José-Manuel López Cedrón, notario de Cervo-Burela, 3ª, para a Notaría de Monforte de Lemos (Lugo).
-María-Isabel Fitera García, notaria de Mazarrón, 3ª, para a Notaría de Vimianzo (A Coruña).
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións
Laborais
Sr. Director xeral de Xustiza e Admon. Local