Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 1997 Páx. 75

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de decembro de 1996 pola que se aproba o Plan de Explotación Xeral Marisqueira para o ano 1997.

O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños establece, no seu artigo 3, que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carácter anual, un plan xeral de explotación marisqueira, que conterá os plans de explotación para as autorizacións marisqueiras, e as normas e plans de explotación para as zonas de libre marisqueo.

Examinados os plans de extracción, remitidos polas entidades marisqueiras titulares de autorizacións, oídas as ditas entidades na elaboración das normas relativas a zonas de libre marisqueo e vistos os informes biolóxicos emitidos polos servicios técnicos desta consellería, e de conformidade co disposto no citado decreto regulador,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.

1. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 423/1993, para o ano 1997, apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa que a continuación se relacionan.

-Confraría de Baiona:

Días máximos de extracción: desde embarcación 120, a pé 90, e para a cadelucha 50.

Puntos de control: praia América, A Foz (Rampla de Ruíz), Punta Cámping (Ladeira), Santa Marta, lonxa de Baiona, Purrido (Baredo), Peirao (Mougás) e Cabo Silleiro.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción:

A flote: de xaneiro ó 30 de abril e de xullo ó 30 de decembro.

A pé: de xaneiro ó 29 de abril e de agosto ó 30 de decembro.

-Confraría do Grove:

Días máximos de extracción:

A pé: 90.

A flote: 160.

Puntos de control: O Facho, Insuíña (Castrelo), As Cachadas, ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo e Cubreiro.

Puntos de venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción:

A flote: de xaneiro ó 15 de abril e do 16 de xuño ó 30 de setembro e decembro.

A pé: de xaneiro ó 15 de abril e do 16 de xuño ó 30 de decembro.

-Confraría de Vilanova de Arousa:

Días máximos de extracción: desde embarcación 170, a pé 110.

Puntos de control e venda: zona de extracción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: de xaneiro ó 31 de marzo, de xuño ó 30 de setembro e do 2 ó 30 de decembro.

A pé: de xaneiro ó 31 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.

Confraría da Illa de Arousa:

Días máximos de extracción: desde embarcación 201, a pé 180.

Puntos de control: Aguillón, O Bao, Concerrado, Camaxe, Xastelas e Areoso.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: de xaneiro ó 31 de xullo e de outubro ó 30 de decembro.

A pé: desde xaneiro ó 29 de abril, de xullo ó 31 de agosto e de outubro ó 30 de decembro.

-Confraría de Vilaxoán.

Días máximos de extracción:

A pé 122.

Puntos de control: O Ríal, Borreiros, Corón, Preguntoiro, Saiñas e Canelas.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.

-Confraría de Carril:

Días máximos de extracción:

Desde embarcación: 48.

A pé: 48.

Puntos de control: nas zonas de extracción.

Puntos de venda: lonxa de Carril

Épocas probables de extracción:

A flote: de xaneiro a marzo e de xuño ó 30 de decembro.

A pé: de xaneiro ó 31 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.

-Confraría de Rianxo:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 166.

Puntos de control: peirao e lonxa de Rianxo.

Puntos de venda: lonxa de Rianxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Cabo de Cruz:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: Barraña, Retorta, Ladeira do Chazo, Mañons.

Puntos de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xuño, xullo, agosto, setembro, novembro e decembro.

-Confraría da Pobra do Caramiñal:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: Areal, Pozo e Friscos.

Puntos de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Palmeira:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: lancha a flote, peirao de Palmeira, praia de Riazor, praia Insuela.

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Ribeira:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 210.

Puntos de control: Coroso, Insua, Egoas, Touro, Airó, Castiñeiras e lonxa de Ribeira.

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xuño, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Aguiño:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control: peirao de Sálvora, Vionta, Noro, praia de Carreira, Rabuda e Porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan de vieira da confraría de Aguiño:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 101.

Puntos de control: Illa Sálvora, Vionta, Rabuda, praia Carreira e porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, outubro, novembro e decembro.

Sociedade Cooperativa Ltda. Ría de Arousa de Abanqueiro-Boiro:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 229.

Puntos de control: Fontenla e Portomouro.

Puntos de venda: Portomouro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de Noia:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 162.

Puntos de control: Freixo, Broña, Picouso, Tabuleiro, San Cosme, Barquiña, Boa e Testal.

Puntos de venda: lonxas de Testal e Freixo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xuño, xullo, agosto, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Muros:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 159.

Puntos de control: Abilleira, praia Virxe do Camiño.

Puntos de venda: fábrica de xelo, Abilleira e Anido

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xullo, agosto, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Camariñas:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 111.

Puntos de control: A Paxariña, Monte da Mina, lonxa en Punta Sandía a Punta Insuela, lonxa en Area da Vila.

Puntos de venda: lonxa peirao pesqueiro, Monte da Mina, A Paxariña.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan de ameixa babosa da Confraría de Pescadores de Camariñas:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 37.

Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.

Épocas probables de extracción: novembro e decembro.

-Agrupación de Mariscadores do Esteiro do Río Anllóns:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control e venda: Pedras de Cambón.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría da Coruña:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 173.

Puntos de control e venda: lonxa da Ría do Burgo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Pontedeume:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 79.

Puntos de control e venda: lonxa de Pontedeume.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, novembro e decembro.

-Confraría de Miño:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 104.

Puntos de control e venda: O Pedrido, praia e porto de Miño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Ares:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control e venda: confraría de Ares.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan conxunto de vieira das Confrarías de Ares e Pontedeume.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 16.

Puntos de control: confraría de Pescadores de Ares.

Puntos de venda: lonxas da Coruña e Ferrol.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Confraría de Mugardos:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 93.

Puntos de control e venda: peirao de Mugardos e A Barca.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Barallobre:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: desde embarcación 181, a pé 87.

Puntos de control: O Puntal.

Puntos de venda: lonxa de Barallobre.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

A pé: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Cariño:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 67.

Puntos de control: Fornelos, Puntal, Punta Figueiroa.

Puntos de venda: lonxa da Confraría de Cariño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Espasante:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 69.

Puntos de control: Ortigueira, Punta Cabalar, Ladrido e Lagarea.

Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, outubro, novembro e decembro.

-Plan de berberecho da Confraría de Pescadores do Barqueiro:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 5.

Puntos de control: peirao de San Fiz.

Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: setembro.

-Plan de ameixa da Confraría de Pescadores do Barqueiro:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: praia de Lama, cabeceira do peirao de San Fiz, Ponte Vella, Peirao do Barqueiro, Fabriquín.

Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo, xullo, agosto, novembro e decembro.

-Plan de ameixa fina e babosa da Confraría do Vicedo:

Días máximos de extracción: 45.

Zona de traballo: de Punta Espiñeiro a San Roque.

Puntos de control: caseta das Negradas.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Plan de berberecho da Confraría do Vicedo:

Días máximos de extracción: 30.

Zona de traballo: praia de Vilabril.

Puntos de control: praia de Vilabril.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: marzo e de maio a agosto.

-Plan de coquina da Confraría de O Vicedo:

Días máximos de extracción: 60.

Zona de traballo: de praia de Arealonga e Lombo das Navallas.

Puntos de control: caseta de Arealonga.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de outubro a decembro.

2. En todo caso, as especies obxecto de explotación serán exclusivamente aquelas para as que se outorgou a habilitación administrativa.

3. Non obstante o disposto no punto 1 do presente artigo e de acordo co artigo 4.2º do decreto 423/1993, correspóndelles ós delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura autoriza-la apertura e peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. Por iso as entidades titulares solicitarán autorización, polo menos 15 días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.

Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.

1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993, autorízase como norma xeral, a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 2 de xaneiro ó 31 de marzo e desde o 29 de setembro ata o 30 de decembro.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior exceptúanse as seguintes zonas:

-Ría de Vigo: na zona denominada Lousal, a vieira poderá extraerse exclusivamente do 9 ó 30 de decembro.

-Ría de Viveiro:

-Na praia de Abrela: autorízase a extracción de cadelucha durante 10 días e marzo e 5 en abril.

-Na praia de Covas: permanecerá pechada durante todo o ano para tódalas especies.

-Na praia de Area: autorizase a extracción de cadelucha e longueirón 5 días do mes de xaneiro.

-Enseada do Landro: aberta para o berberecho e ameixa fina os días autorizados como norma xeral para as zonas de libre marisqueo non suxeitas a plan específico.

2. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre, en todo o litoral galego, salvo resolución expresa da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

3. As cotas de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:

-Marisqueo a flote: vieira: 15 docenas/tripulante/día.

A. fina: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 Kg por embarcación

A. babosa: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 Kg por embarcación

Cornicha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.

Outros moluscos: 30 kg.

-Marisqueo a pé: A. fina: 5 kg/ mariscador /día.

Coquina: 4 kg/mariscador/día.

A. babosa: 8 kg/mariscador/día.

Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.

As cotas máximas de captura poderán ser aumentadas ou diminuídas pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura dependendo do estado do recurso.

4. A entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron non lles foi aprobado, ateranse ó disposto para as zonas de libre marisqueo.

Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 423/1993, apróbanse os plans de explotación para el año 1997, relativos ás zonas de libre marisqueo, presentados polas seguintes entidades marisqueiras que a continuación se relacionan e coas condicións que para cada unha delas se indican:

-Plan de ameixa rubia da Confraría de Cangas.

Arte: edeño remolcado.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: no mar, nas zonas de extracción cunha lancha da confraría.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro e de xullo ó 30 de decembro.

-Plan de ameixa rubia da Confraría de Bueu:

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: no mar nas zonas de extracción.

Puntos de venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: xaneiro e de xullo ó 30 de decembro.

-Confrarías de Redondela, Arcade e Moaña. Organización de Productores e cultivadores de marisco Ría de Vigo (O.P.P 38).

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: desde embarcación 120, a pé 130

Puntos de control:

Para marisqueo a flote: Bouzas, illa de Toralla, Punta Rodeira, illa dos Ratos, Enseada de San Simón, Punta do Cabo e un itinerante en toda a ría para o rastro de vieira.

Para marisqueo a pé: controis itinerantes en todalas praias.

Puntos de venda: lonxas de Meira, Santa Cristina de Cobres, Arcade, Cesantes, Canido, Cangas, Baiona e zona de Portela.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: de xaneiro ó 31 de marzo e de xullo ó 30 de decembro.

A pé: de xaneiro ó 31 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.

Para a vieira as épocas de extracción coincidirán co establecido no artigo 2º da presente orde.

-Plan conxunto das Confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control e venda: Placeres, Cabeceira, praia de Lourido, A Reiboá e praia de Padrón.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 4 de abril e do 23 de xuño ó 30 de decembro.

-Plan da Confraría de Aldán.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: desde embarcación 120, a pé 65

Puntos de control e venda: lonxa de Aldán.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de xullo ó 30 de decembro.

-Plan de ameixa rubia da Confraría de Ribeira.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 32.

Puntos de control: Coroso, Insua, Égoas, Touro, Airó, Castiñeiras, lonxa de Ribeira.

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: xullo e agosto.

-Plan de ameixa rubia da Confraría de Aguiño.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 75.

Puntos de control: porto Sálvora, Vionta, Noro, praia de Carreira, Rabuda e porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo e agosto.

-Plan conxunto de ameixa rubia, carneirolo e reló das confrarías de Noia, Muros, Portosín e Porto do Son.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 159.

Puntos de control: Peiraos de Muros, Freixo, Testal, Portosín e Porto do Son.

Puntos de venda: lonxas de Muros, Freixo, Testal, Portosín e Porto do Son.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xullo, agosto, outubro, novembro e decembro.

-Plan de ameixa rubia da confraría de Lira.

Arte a utilizar: endeño remolcado.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 31.

Puntos de control: peirao e lonxa de Lira.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción: xullo e agosto.

-Plan de ameixa rubia da Confraría de Corcubión.

Arte a utilizar: endeño Remolcado.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra, Peirao de Corcubión (cárcere de Corcubión).

Épocas probables de extracción: xullo e agosto.

-Plan de ameixa fina e ameixa babosa da Confraría de Corcubión:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 9.

Puntos de control: praias de Corcubión e Cee.

Puntos de venda: peirao de Corcubión e outras lonxas.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan de berberecho da Confraría de Corcubión:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 70.

Puntos de control: praias de Corcubión e Cee.

Puntos de venda: peirao de Corcubión e outras lonxas.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan de ostra da Confraría de Corcubión:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 9.

Puntos de control: praia de Cee.

Puntos de venda: peirao de Corcubión e outras lonxas.

Épocas probables de extracción: decembro.

-Agrupación de mariscadores do Esteiro do Río Anllóns.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control e venda: Pedras de Cambón.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Asociación Mariscadores Fonte de Santa Elena. Baldaio.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 97.

Puntos de control e venda: fonte de Santa Elena.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de Ares.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control e venda: Confraría de Pescadores de Ares.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Cedeira.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: O Cubilote, Alfunil.

Puntos de venda: lonxa de Cedeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, novembro e decembro.

-Plan conxunto da Confraría de Cedeira e a OPP. nº 34 Delegación Valdoviño.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 60.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, setembro, outubro, novembro e decembro.

Para a coquina o coeficiente de marea debe ser inferior o 0,7.

-Plan de ameixa fina e outros moluscos da Confraría de Foz.

Zona de traballo: Ría de Foz.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: lonxa de Foz.

Puntos de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Plan conxunto de ameixa fina e babosa da Confraría do Vicedo e da Cofradía do Barqueiro.

Zona de traballo: canle do río Sor.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: Negradas, praia da Lama, desde a cabeceira do peirao de San Fiz, Ponte Vella e os dous peiraos do Barqueiro e O Fabriquín.

Puntos de venda: lonxas do Vicedo e do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo, xullo e agosto e novembro e decembro.

-Plan conxunto de coquina da Confraría de O Vicedo e da Confraría de O Barqueiro.

Zona de traballo: Lombo das Navallas.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: caseta de Arealonga - praia de Arealonga e Lombo das Navallas.

Puntos de venda: lonxas do Vicedo e do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo e de outubro a decembro.

-Plan de ameixa fina e outros moluscos da Confraría de Ribadeo.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control e venda: lonxa da Confraría de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

Artigo 4º.-Cefalópodos.

De acordo co previsto no artigo 9 do Decreto 423/1993, autorízase a extracción de moluscos cefalópodos no ámbito territorial da costa galega, cos seguintes requisitos:

1. A captura da lura (Loligo vulgaris), e especies afíns, coa arte denominada boliche, poderá ser autorizada polos delegados territoriais da consellería, a través de plans específicos presentados polas entidades marisqueiras, durante os meses de xullo a setembro, e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia. Así mesmo, elaborárase un censo de embarcacións autorizadas, e para acceder a el será requisito imprescindible ter traballado con esta modalidade en anos anteriores, así como ter remitido os ditos anos os partes mensuais de capturas á consellería.

2. A extracción do polbo virá regulada por unha orde específica.

Artigo 5º.

Poderá ser autorizado polos delegados territoriais da consellería, o uso do bou de vara e bou de man desde ó 2 de xaneiro ó 29 de marzo e desde ó 4 de novembro ó 30 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro, e logo da presentación do correspondente plan específico e elaboración do censo de embarcacións autorizadas. Para acceder ó censo será requisito imprescindible ter traballado nesta modalidade en anos anteriores, así como remitir nos ditos anos os partes mensuais de capturas á consellería.

Artigo 6º.-Percebe.

De acordo co establecido no artigo 13 do Decreto 423/1993, apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicipes cornucopia), coas condicións que se indican:

-Confraría da Guarda:

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: Tío Rincho, Agoeira, Horizonte e lonxa da Guarda.

Puntos de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.

-Confraría de Baiona:

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: A Carral, A Hermida e porto (Mougás).

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.

-Confraría de Cangas:

Días máximos de extracción: 240.

Puntos de control:

Desde embarcación: nas inmediacións da zona de extracción.

Desde terra: na Costa da Vela.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.

-Confraría de Bueu:

Días máximos de extracción: 165.

Puntos de control: no mar, nas inmediacións da zona de extracción.

Puntos de venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.

-Confraría do Grove:

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.

-Confraría de Portonovo:

Días máximos de extracción: 26.

Puntos de control: nas inmediacións da zona de extracción.

Puntos de venda: lonxa de Portonovo.

Épocas probables de extracción: de xullo a agosto e decembro.

-Confraría de Aguiño:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 205.

Puntos de control: Sálvora, praia de Area Basta, Cabo Corrubedo, peirao de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, novembro e decembro.

-Confraría de Porto do Son.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 141.

Puntos de control: peirao de Porto do Son e lonxa.

Puntos de venda: lonxa de Porto do Son.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, xuño, agosto, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Lira.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 53.

Puntos de control: peirao e lonxa de Lira.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e decembro.

-Confraría de Corme:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 144.

Puntos de control: lugares de acceso ás zonas.

Puntos de venda: lonxa de Corme.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confrarías de Camariñas, Camelle e Muxía.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 170.

Puntos de control e venda: lonxas de Camariñas, Camelle e Muxía

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro novembro e decembro.

-Confraría de Fisterra:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: Confraría de Fisterra.

Puntos de venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro

-Confraría de Malpica de Bergantiñas:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: lancha de vixilancia Illas Sisargas.

Punto de venda: lonxa de Malpica de Bergantiños.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Caión:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control e venda: lonxa de Caión.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confrarías da zona VII:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control e venda: lonxas de Cedeira, Ferrol e peirao da Coruña.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Confrarías da zona de VIII:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: peiraos e lonxas de Ferrol, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro.

Puntos de venda: lonxas de Cedeira, Cariño e Ferrol.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Confraría de O Vicedo:

Días máximos de extracción: 92.

Puntos de control: zonas de producción

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: de marzo a decembro.

Confraría de Celeiro:

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: lonxa de Celeiro e zonas de producción.

Puntos de venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de San Cibrao:

Días máximos de extracción: 97.

Puntos de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de Burela:

Días máximos de extracción: 96.

Puntos de control e venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confrarías de Rinlo e Ribadeo:

Días máximos de extracción: 66.

Puntos de control: confrarías de Rinlo e Ribadeo.

Puntos de venda: Confraría de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, de xuño a agosto, de outubro a decembro.

Artigo 7º.-Outros crustáceos.

1. De acordo co establecido no artigo 14 do Decreto 423/1993, os períodos autorizados en 1997 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:

-Nécora (Nécora puber): do 2 ó 10 de xaneiro e do 1 de xullo o 30 de decembro.

-Bogavante (Homarus gammarus): do 1 de xullo ó 29 de agosto.

-Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 1 de xullo ó 31 de xullo.

-Lagosta (Palinurus elephas): do 1 de xullo ó 29 de agosto.

-Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.

-Conguito (Macropipus corrugatus) e Patulate (Macropipus depurator): do 2 de xaneiro ó 26 de marzo e do 1 de xullo ó 30 de decembro.

-Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): do 2 de xaneiro ó 27 de xuño e do 17 de novembro ó 31 de decembro.

Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer desde o 3 de febreiro ó 27 de xuño.

2. Só poderán faenar coa nasa de nécora as embarcacións autorizadas expresamente pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura .

Artigo 8º.- Equinodermos.

-Confraría de Baiona:

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.

-Confraría de Vigo:

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.

-Confraría de Cangas:

Días máximos de extracción: 105.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.

-Confraría de Portonovo:

Días máximos de extracción: 84.

Puntos de venda: lonxa de Portonovo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.

-Confraría do Grove.

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.

-Confraría de Aguiño:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 105.

Puntos de control: Sagres, illa Sálvora, porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Porto do Son:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 146.

Puntos de control e venda: lonxa de Porto do Son.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Muros:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: fábrica de xelo, peirao de Muros.

Puntos de venda: fábrica de xelo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Lira:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 139.

Puntos de control: porto e lonxa de Lira.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Fisterra:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 138.

Puntos de control: Confraría de Fisterra.

Puntos de venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Muxía:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 136.

Puntos de control e venda: lonxa de Muxía.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Camariñas:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 113.

Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

-Confraría de Camelle:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 138.

Puntos de control e venda: lonxa de Camelle.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

Confraría da Coruña:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 136.

Puntos de venda: lonxa do porto da Coruña.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

-Zona VIII (Ferrol, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro)

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura

Días máximos de extracción: 84.

Puntos de control: peiraos, lonxas de Ferrol, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro.

Puntos de venda: lonxas de Cedeira, Cariño, Espasante, Ferrol, e O Barqueiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de outubro a decembro.

-Confraría de Celeiro:

Días máximos de extracción: 82.

Puntos de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e decembro.

-Confrarías de Rinlo e Ribadeo:

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control: confrarías de Rinlo e Ribadeo.

Puntos de venda: Confraría de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: xaneiro e febreiro.

Artigo 9º.-Navalla e Longueirón.

-Plan de Navalla da Confraría de Vigo:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 62.

Puntos de control: na zona de extracción.

Puntos de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: de xuño ó 30 de setembro.

-Plan de Navalla e Longueirón da Confraría de Cangas.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 170.

Puntos de control: na zona de extracción.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo, de xuño ó 30 de decembro.

-Plan de Navalla e Longueirón da Confraría de Portonovo.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: na zona de extracción.

Puntos de venda: lonxa de Portonovo.

Épocas probables de extracción: do 2 de xuño ó 30 de setembro e do 1 ó 30 de decembro.

-Plan de Navalla e Longueirón da Confraría do Grove.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura

Días máximos de extracción: 184.

Puntos de control: na zona de extracción.

Puntos de venda: lonxas do Grove.

Épocas probables de extracción: do 1 de febreiro ó 30 de outubro.

-Plan de Longueirón da Confraría da Pobra do Caramiñal.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 31.

Puntos de control: Area, Pozo e Friscos.

Puntos de venda: lonxa Municipal de Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: abril e maio.

-Plan de Navalla da Confraría de Aguiño.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 59.

Puntos de control: praia de Carreira e peirao de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.

-Plan de navalla da Confraría de Porto do Son:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 82.

Puntos de control e venda: lonxa de Porto do Son.

Épocas probables de extracción: xuño, xullo, agosto e setembro.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de Muros:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura

Días máximos de extracción: 141.

Puntos de control: Abelleira, Virxe do Camiño.

Puntos de venda: fábrica de xelo, Anido, Abelleira.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, xullo, agosto, outubro, novembro e decembro.

-Plan de longueirón da Confraría de Muxía:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control e venda: lonxa de Muxía.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan de longueirón da Confraría de Camariñas.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura

Días máximos de extracción: 76.

Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.

Épocas probables de extracción: abril, xullo, agosto e setembro.

-Plan de longueirón da Confraría de Fisterra.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra e lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan de navalla e longueirón da Confraría de Corcubión.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 41.

Puntos de control: praia de Ézaro, praia de Cee, praia de Corcubión.

Puntos de venda: peirao de Corcubión e outras lonxas.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan de longueirón da Agrupación de Mariscadores Fonte de Santa Elena de Baldaio.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 2.

Puntos de control e venda: fonte de Santa Elena.

Épocas probables de extracción: a determinar.

-Plan conxunto de longueirón da Confraría de Cedeira e OPP nº 34 Delegación Valdoviño.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: Casa do Pescador e Vilarrube.

Puntos de venda: lonxa de Cedeira e Pantín.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, setembro, outubro, novembro e decembro.

-Plan de longueirón de Cariño:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 42.

Puntos de control: Fornelos, Puntal, Punta Figueiroa.

Puntos de venda: lonxa da Confraría de Cariño.

Épocas probables de extracción: marzo, maio e agosto.

-Plan de longueirón do Barqueiro:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control e venda: lonxa do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.

-Plan de longueirón das Confrarías de Pescadores do Vicedo e O Barqueiro.

Zona de traballo: Lombo das Navallas.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: caseta de Arealonga-praia de Arealonga e Lombo das Navallas.

Puntos de venda: lonxas do Vicedo e do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: abril, maio e setembro.

Artigo 10º.-Peneira (Haliotis tuberculata)

-Plan de Peneira da Confraría de Baiona:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.

-Plan de Peneira da Confraría de Vigo:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 83.

Puntos de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: de xuño ó 30 de setembro.

-Plan de Peneira da Confraría de Portonovo:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de venda: lonxa de Portonovo.

Épocas probables de extracción: de outubro ó 30 de decembro.

-Plan de Peneira da Confraría do Grove:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 114.

Puntos de venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de abril ó 30 de xuño e de setembro ó 30 de decembro.

-Plan de Peneira da Confraría da Illa de Arousa:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 104.

Puntos de control: Aguillón, O Bao, Con Cerrado, Camaxe, Xastelas e Areoso.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: de abril ó 12 de xullo e do 16 de setembro ó 30 de outubro.

-Plan de Peneira da Confraría de Aguiño:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control: Sagres, Laño, Sálvora, porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, xuño, xullo, agosto e setembro.

-Plan de Peneira da Confraría de Fisterra.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 146.

Puntos de control: Confraría de Fisterra.

Puntos de venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.

Artigo 11º.-Caracola.

-Confraría de Porto do Son.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control: peirao e lonxa de Porto do Son.

Puntos de venda: lonxa de Porto do Son.

Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.

-Confraría de Pescadores de Lira:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 1220.

Puntos de control: porto e lonxa de Lira.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.

-Confraría de Pescadores de Corme:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 125.

Puntos de control: lonxa de Corme.

Puntos de venda: lonxa de Corme e lugares autorizados.

Épocas probables de extracción: do 2 ó 9 de xaneiro e do 1 de xullo ó 30 de decembro.

Artigo 12º.-Algas.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas, que se relacionan a continuación.

De acordo co establecido no artigo 4 do Decreto citado deberá solicitarse ante o delegado territorial cunha antelación mínima de 15 días, autorización para desenrola-la actividade extractiva.

-Confraría de Pescadores de Cangas.

-Confraría de Pescadores de Vigo.

Algamar, C.B.

Conservas e Ahumados Lou

Gerardo Nieto Álvarez-Uria

Central Galaica de Plantas Medicinais-Constantino Bonome

Algas de Galicia

Compañia Española de Algas Mariñas (Ceamsa)

Confraría de Pescadores de Corme

Disposición adicional

As solicitudes a que se refiren os artigos 4 e 8 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de maris

queo, extracción de algas e cultivos mariños, axustaranse ós modelos que figuran como anexos (II, III e IV) da presente orde.

Disposición transitoria

Non se recoñecerán como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras, agás o disposto nas normas que regulan o título habilitante para o marisqueo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras, que serviron de base para a presente orde estarán dispoñibles nos servicios centrais, delegacións territoriais e delegacións comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como na sede das entidades responsables dos mesmos.

Segunda.-Autorízase o director xeral de Marisqueo e Acuicultura para o desenvolvemento da presente orde, que entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

-Ría do Barqueiro: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta Cova Baixa e Punta do Santo.

-Ría de Viveiro: zona interna da liña imaxinaria trazada entre Punta do Cabalo a Punta Morago.

-San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada por Punta Rompeondas do peirao norte de Alúmina e punta oeste do illote A. Anxuela.

-Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta de Cabo Burela a faro Pedra e de faro Pedra a Punta Areoura.

-Nois: demora NE Punta Nois a demora NE no extremo oeste da praia de Arealonga.

-Foz: entre as demoras N e NE de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.

-Gahito: demora N Punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.

-Rinlo: demora N Punta Corbeira/N Punta Leixon, en fondos inferiores a sete brazas.

-Ribadeo: demora N Punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.

-Enseada de Santa Marta o de Cariño: a zona comprendida entre Punta Espasante e Punta O Seixo.

-Cedeira: a zona comprendida entre Punta Castrelo e Punta de Sarridal.

96-8871