Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de decembro de 1996 pola que se clasifica como de interese para o medio ambiente natural a Fundación Pro Covelo.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Pro Covelo, con domicilio en O Covelo.

Supostos de feito.

1. José Rey Ons, en calidade de presidente da fundación, en escrito do 1 de agosto de 1996, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ponteareas, o día doce de xuño de 1996, perante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Luis Darrieux de Ben, co número novecentos setenta e dous do seu protocolo, por José Rey Ons, José Manuel Sendín Rodríguez, Manuel Grandal Francisco, José Luis Ramos Alonso, Constante Gómez Domínguez, José Antonio Garrido Rey, Luis Mera Rodríguez, Aquilino Cal Martínez, Darío Viéitez López, Serafín Espiñeira Costa, María Argentina Costal Fernández, interveñen no seu propio nome e ademais o primeiro o fai en nome e representación da Asociación de Veciños da Hermida.

3. Segundo consta no artigo dous dos seus estatutos o obxecto da fundación é, fundamentalmente o desenvolvemento integral das parroquias que conforman o concello do Covelo (Pontevedra), en tódolos seus aspectos: creación e fomento do emprego, desenvolvemento de actividades forestais, agrícolas e gandeiras; desenvolvemento cultural e social; desenvolvemento das infraestructuras básicas e defensa da ecoloxía.

4. O padroado da fundación estará constituído por José Rey Ons como presidente, José Manuel Sendín Rodríguez como secretario e Manuel Grandal Francisco, José Luis Ramos Alonso, Constante Gómez Domínguez, José Antonio Garrido Rey, Luis Mera Rodríguez, Aquilino Cal Martínez, Darío Viéitez López, Serafín Espiñeira Costa como vocais.

5.- A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese para o medio ambiente natural da Fundación Pro Covelo dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese para o medio ambiente natural e a súa adscrición á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior,

de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 23 de decembro de 1996. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese para o medio ambiente natural a Fundación Pro Covelo e adscribila á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9583