A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que, con data 3-7-1996, a Dirección Xeral de Industria outorgou a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Rañe nº 2464.1, de dúas cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Ponteareas e Salvaterra de Miño da provincia de Pontevedra.
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería de 25 de agosto de 1978.
Pontevedra, 19 de decembro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
29

