Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Karbo, da Coruña, en solicitude de transformación dunha unidade de EXB en unidade de educación infantil-2º ciclo no dito centro.
Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.
Resultando que o centro obtivo, por Orde do 4 de febreiro de 1986, a clasificación definitiva para 8 unidades de EXB.
Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15-12), polo que se desenvolve o antedito decreto.
Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia.
Esta consellería,
DISPÓN:
Autorizarlle ó centro privado Karbo, da Coruña, a transformación dunha unidade de EXB en unidade de educación infantil-2º ciclo.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Centros e Inspección Educativa
ANEXO
PROVINCIA DA CORUÑA
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Enderezo: Ramón Cabanillas, 2-1º.
Denominación: Karbo.
Titular: Ramón Carrasco Navarro.
Nivel: educación infantil-2º ciclo.
Unidades autorizadas: 2.
Unidades transformadas de EXB a 2º Ciclo Ed. Infantil: 1.
Total unidades 2º ciclo educación infantil: 3.
Nivel: educación primaria/EXB.
Unidades autorizadas: 8.
Unidades transformadas de EXB a 2º ciclo Ed. Infantil: 1.
Total unidades de educación primaria/EXB: 7.
9580