Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 480

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Galigrain, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo de traballo para a empresa Galigrain, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-12-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 30-8-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de decembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

TÁBOA SALARIAL 1996

I. Titulados

Titulado superior 163.418

Titulado medio-grupo A 146.158

Titulado medio-grupo B 136.297

II. Administrativos

Xefe de sección 163.418

Xefe de negociado 146.158

Oficial administrativo 129.025

Auxiliar administrativo 98.557

Aspirante de 16 a 18 anos 74.982

III. Subalternos

Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro e sereno... 86.091

Mozos de 16 a 18 anos 74.982

Persoal de limpeza 86.091

IV. Servicios varios

A) Categorías básicas

Encargado de sección 111.036

Oficial de 1ª 106.745

Oficial de 2ª101.391

Oficial de 3ª 97.896

Peón 97.896

Aprendiz de 16 a 18 anos 74.982

B) Categorías asimiladas

Conductor de camión 101.391

Conductor de turismo101.391

Manipulante 101.391

Encargado de almacén ou almaceneiro 106.745

Mozo de almacén 96.999

Cosedor 96.999

9636