José González González, veciño de Calvar, parroquia de Domaio, concello de Moaña (Pontevedra), como presidente da comunidade de usuarios de augas para usos domésticos dos barrios de Palmas e A Costa, polo presente anuncio convoca á xunta xeral ordinaria a tódolos usuarios para o día 26 de xaneiro de 1997 no centro cultural Rosalía de Castro, ás 9.30 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda, coa seguinte:
Orde do día.
1º Lectura e aprobación, se é o caso, da acta anterior.
2º Estado de contas, ingresos, gastos e orzamento.
3º Información xeral.
4º Concesión de novos puntos de auga.
5º Elección de novos membros da xunta de goberno e do xurado.
6º Rogos e preguntas.
Domaio, 23 de decembro de 1996.
O presidente da comunidade
Rubricado
183

