O Pleno da Corporación, en sesión do día 27 de decembro de 1996, adoptou o acordo que literalmente di:
«Aprobación definitiva, se procede, das normas subsidiarias de planeamento municipal.-Dada conta do informe sobre proxecto de normas subsidiarias de planeamento de Abegondo emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data do 2 dos correntes, polo que, con certas especificacións, se emite informe favorable, e vistas as disposicións aplicables e o informe do equipo redactor, coa abstención do Sr. Regueiro e o voto a favor dos restantes membros da corporación presentes, acordouse:
1º--Aprobar definitivamente as normas de que se trata con exclusión das determinacións que afectan
o ámbito do Plan Especial de Protección e Infraestructuras regulado nos artigos 267 e seguintes da normativa.
2º.-Que se proceda ás publicacións previstas nos artigos 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.»
O que se fai público para xeral coñecemento e indícase que a documentación do dito instrumento de planeamento se atopa á disposición das persoas interesadas na Casa do Concello de Abegondo.
Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da data de publicación do presente anuncio, logo de comunicación a este concello.
Abegondo, 3 de xaneiro de 1997.
José A. Santiso Miramontes
Alcalde
65