Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 910

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1997 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servicios, convocado por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 2 de outubro de 1996.

Consonte o disposto na base 4 da Resolución do 2 de outubro de 1996 da Universidade de Santiago de Compostela pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da Xerencia.

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación dos postos de traballo contidos no anexo desta resolución.

Segundo.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: secretaría de dirección para a Xerencia adxunta.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Vicente Jamardo, Salvador.

DNI: 35.441.881.

Posto de traballo: secretaría de dirección para Vicexerencia do Campus de Lugo.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Fernández Iglesias, Isabel.

DNI: 33.839.330.

441