A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería da Presidencia e Administración Pública, organiza unhas xornadas de modernización e reforma administrativa nas comunidades autónomas, conforme as seguintes bases:
1. Obxecto.
Os días 27 e 28 de febreiro de 1997 desenvolveranse, no salón de actos da Escola Galega de Administración pública, unhas xornadas de modernización e reforma administrativa nas comunidades autónomas.
2. Obxectivos e contido.
As xornadas teñen por finalidade propicia-lo intercambio de información e experiencias entre as comunidades autónomas sobre os temas monográficos que centrarán estas: informatización da Administración, dirección por obxectivos e información ó cidadán.
3. Destinatarios.
Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.
4. Desenvolvemento e duración.
As xornadas abriranse o xoves, día 27 de febreiro, ás 10 horas, e rematarán, ás 20 horas, do venres, día 28.
5. Inscrición.
-Prazo: remata o luns, día 24 de febreiro de 1997.
-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4-15703 Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Fax 57 15 40.
-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.
As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.
-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baldeiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.
A partir do 25 de febreiro, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono das 10.30 ás 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (Ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos, que se expoñerá no taboleiro de anuncios da EGAP 24 horas despois de remata-lo prazo de presentación de solicitudes.
6. Certificación de asistencia.
Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a estas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1997.
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega de Administración Pública
603

