Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.146

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de novembro de 1996 pola que se aproban as bases que rexerán no concurso público de trece bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están desenvolvendo no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro e se anuncia a súa convocatoria.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº1, do 2 de xaneiro de 1997, cómpre face-las seguintes rectificacións:

No anexo VIII, punto 1 da referida orde, onde di:

«1.-Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas ás que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciado en filoloxía.

-Ter experiencia en traballo de fonética acústica.»

Debe dicir:

«1.-Requisitos dos solicitantes:

Para solicitar unha das bolsas ás que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser enxeñeiro de telecomunicacións .

-Coñecemento da lingua galega a nivel de perfeccionamento.

-Ter experiencia en tratamento do sinal fónico e contrucción de sintetizadores.

Para optar á outra bolsa de colaboración neste proxecto, requírese:

-Ser licenciado en filoloxía.

-Coñecemento da lingua galega a nivel de perfeccionamento.

-Ter experiencia en traballos de fonética acústica.»

624