Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo con data do 7 de novembro de 1996, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de cuarzo da concesión mineira El Castillo número 1963.

Visto o Art. 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 88 do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo con data do 7 de novembro de 1996, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de cuarzo da concesión mineira denominada El Castillo nº 1963, sita en terreos do termo municipal da Estrada, provincia de Pontevedra, promovido por ERIMSA.

A mencionada declaración foi incorporada ó expediente da concesión de explotación El Castillo nº 1963, e encóntrase á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

742