Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos concursos públicos 31 e 33/1996, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de aparellos e dispositivos para o Hospital Montecelo.

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtud das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño de 1996), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e para cumprimento do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

Cº Pº Nº 31/1996:

Obxecto: adquisición dun sistema de análise para sono.

Empresa adxudicataria: Sanrosan, S.A.

Importe: 5.000.000 de pesetas.

Obxecto: adquisición dun laparoscopio cirúrxico.

Empresa adxudicataria: Clínica y Control.

Importe: 5.200.000 pesetas.

Cº Pº Nº 33/1996:

Obxecto: adquisición dun ecógrafo sectorial.

Empresa adxudicataria: Toshiba Medical.

Importe: 5.500.000 pesetas.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 217 do 6 de novembro de 1996.

Pontevedra, 13 de decembro de 1996.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo de Pontevedra

849