Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 1/1997, para a contratación do servicio de limpeza nos centros de saúde de Ribadavia e Allariz, publicado no DOG número 238, do 5 de decembro.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG número 111, do 6

de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e para cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade da adxudicación á empresa Eurolimp, S.A. do CP 1/1997: servicio de limpeza nos centros de saúde de Ribadavia e Allariz, por un importe total de 8.289.000 pesetas anuais.

Ourense, 27 de xaneiro de 1997.

Manuel de Toro Santos

Director xerente de Atención Primaria Ourense

851