1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.
b) Número de expediente: S96/48.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: vehículo todoterreo para a Policía Municipal.
b) Número de unidades que se van entregar: 1.
c) División por lotes e número: non.
d) Lugar de entrega: véxase punto 1.
e) Prazo de entrega: fixárano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a 30 días.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 3.500.000 pesetas (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 70.000 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1.
b) Enderezo: plaza de Mª Pita, 1-2º.
c) Localidade: 15001 A Coruña.
d) Teléfono: (981) 18 42 19. Fax: (981) 18 42 71.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
-Entidade: véxase punto 1.
-Enderezo: véxase punto 6 b.
-Localidade e código postal: véxase punto 6 c.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6.b).
Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións; nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para subministración dun vehículo todoterreo para a Policía Municipal.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 20 de xaneiro de 1997.
O alcalde
Rubricado
1213

