Obxecto: redacción dos proxectos básico e de execución, a construcción e xestión, en réxime de concesión administrativa, dun parque lúdico-educativo destinado a acuario-terrario na zona do parque do Paxonal de Santiago de Compostela, incluíndo cafetería-restaurante, zona comercial vinculada tematicamente ó parque e salas de proxección, así como o axardinamento e urbanización do recinto.
Duración do contrato: obras, 2 anos. Concesión, 40 anos.
Clasificación do contratista: grupo C; subgrupo, completo; categoría I.
Forma de adxudicación: adxudicarase mediante concurso por procedemento aberto.
Data de envio ó DOCE: 17-1-1997.
Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do concello de Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, ata o día 10 de marzo de 1997.
Fianza provisional: 15.000.000 de pesetas.
Criterios de adxudicación: son os que se sinalan na cláusula 22 do prego de condicións.
Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar en acto público que se celebrará na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas do día 17 de marzo de 1997.
Fianza definitiva: 4% do orzamento da obra. Pola xestión do servicio 15.000.000 de ptas.
Modelo de proposición:
Don/Dona... con domicilio en... rúa... número... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de.., DNI ou CIF número... e domicilio en... número... teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto... e para efectos que fai constar:
1. Que de conformidade co artigo 6 oferce o canon de ... ptas.
2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.
3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.
En..., a...de...de 1997.
O licitador (asinado e rubricado).
Modelo de sobre:
Proposición para tomar parte na contratación das obras de... presentada por...
En..., a... de... de 19....
O licitador (asinado e rubricado).
Prego e documentación: podrá ser consultada no seguinte enderezo: Concello de Santiago de Compostela. Sección servicios-contratación. Praza do Obradoiro s/n. Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono (981) 54 23 24.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1997.
Alcalde
Rubricado
1214

