De acordo co establecido na Lei 10/1996, de 5 de novembro, e estatutos da Fundación para os Investimentos de Orixe Galega, convócase o proceso selectivo para a contratación dun técnico e un coordinador xeral das delegacións de Fioga, de acordo coas bases que rexen as respectivas convocatorias.
Todos aqueles que desexen participar deberán presentar, no prazo dun mes a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, a instancia á que lle xuntarán os méritos que desexen achegar, na sede administrativa de Fioga, situada no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela (A Coruña).
As bases da convocatoria atópanse expostas no taboleiro de anuncios da fundación.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1997.
O presidente
Rubricado

