O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita.
1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Telefax (981) 17 80 32.
2.a) Modalidad da adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.
3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).
b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número de referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividade): subministración de determinacións de seroloxía (contrato mixto e plurianual). Orzamento total: 106.380.051 ptas.
c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determiandas partes das subministracións requiridas: o concurso desglósase en 4 lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:
Lote 1. TORCH/HIV: 32.300.000 ptas.
Lote 2. Hepatite: 51.130.051 ptas.
Lote 3. Confirmatorios de HIV e VHC: 15.725.000 ptas.
Lote 4. Antíxeno HIV: 7.225.000 ptas.
4. Plazo de entrega eventualmente imposto: 1ª entrega os 15 días despois da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Laboratorio.
5.a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.
b) Data límite para efectua-la solicitude: 24-3-1997.
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.
6.a) Data límite de recepción das proposicións: 1-4-1997.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.
c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.
7.a) Persoas admitidas para asistir a apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar de dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. As 10 horas do día 14-4-1997.
8. Garantías esixidas: provisional o 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% o orzamento de cada lote.
9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.
11. Datos referentes a situación de provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Plazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses dende a data da apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:
1. Oferta económica:
-Precio arrendamento e consumibles: 50%.
-Calidade dos reactivos: 20%.
-Prestacións do equipamento: 20%.
2. Servicio de mantemento:
-Preventivo e correctivo: 5%.
-Servicio de entrega de remesas de consumibles: 5%.
14. Se é o caso, prohibición das variantes: no se admiten.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 26-11-1996.
17. Data de envío do anuncio: 24-2-1997.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a la OPOCE).
A Coruña, 17 de febreiro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña
1548

