Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por decreto da alcaldía do día 24 de febreiro de 1997, o proxecto de urbanización (explanación, pavimentación, rede de sumidoiros e abastecemento de auga), redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos, Rafael Martínez Alonso, cun orzamento de execución por contrata de 491.088.040 pesetas, os anexos de distribución de enerxía eléctrica e iluminación, redactado polo enxeñeiro industrial, Pedro Fraga López, cun orzamento de execución por contrata de 60.170.236 pesetas, e o de infraestructura para canalización telefónica, redactado polo enxeñeiro de caminos, canais e portos, Rafael Martínez Alonso, cun orzamento de execución por contrata de 23.747.744 pesetas, e correspondentes á unidade de actuación denominada Morelle, en Sarria, en cumprimento do disposto no artigo 117 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, os citados documentos, expóñense ó público, na secretaría do concello, polo prazo de quince días, para que poidan ser examinados e

presentadas as alegacións procedentes.

Sarria, 25 de febreiro de 1997.

Arturo Corral Guitián

Alcalde