Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a contratación da fabricación e subministración de alfombras para a decoración e ornamentación do salón de sesións e vestíbulo do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 24 do R.D. 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía maior.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da fabricación e subministración de alfombras para a decoración e ornamentación do salón de sesións e vestíbulo do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 228, do 28 de novembro de 1995.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total:

-8.909.751 ptas. para a alfombra do salón de sesións do Parlamento.

-6.632.729 ptas. para a alfombra do vestíbulo principal do edificio do Parlamento.

5. Adxudicación.

a) Data: confirmada o 10 de decembro de 1996.

b) Contratista: Francisco Rodríguez-Lepina Portela e Pedro Peña Martín.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

-Alfombra do salón de sesións 8.716.342 ptas. (IVE incluído).

-Alfombra do vestíbulo 6.488.749 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

1630