De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da
Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7-12), e mais do seu Regulamento de data 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible as súas notificacións.
Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación dos procedementos, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As resoluciones serán acordadas polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe das sancións.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).
A Coruña, 14 de febreiro de 1997.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
-Expediente: 239I/96.
Denunciado: García Balado, Antonio.
DNI: 76.513.323.
Último enderezo coñecido: O Caneiro, 7, Cambre (A Coruña).
Feito denunciado: queimar ou acender lume en época prohibida.
Tipificación Regulamento incendios:
Artigo: 138.A.
Calificación: moi grave.
Sanción proposta: 50.000 ptas.
-Expediente: 247I/96.
Denunciada: Ameneiro Calvo, Ángela.
DNI: 33.034.304.
Último enderezo coñecido: A Choupana, 16, Santiago de Compostela (A Coruña).
Feito denunciado: queimar ou acender lume en época prohibida.
Tipificación Regulamento incendios:
Artigo: 138.A.
Calificación: moi grave.
Sanción proposta: 50.000 ptas.
-Expediente: 268I/96.
Denunciado: Veiga Pérez, José M.
DNI: 33.829.525.
Último enderezo coñecido: Serra Ganidoira, 82-1 Dta. (Lugo).
Feito denunciado: queimar ou acender lume en época prohibida.
Tipificación Regulamento incendios:
Artigo: 138.A.
Calificación: moi grave.
Sanción proposta: 50.000 ptas.
-Expediente: 291I/96.
Denunciado: Ferreiro Arias, Manuel.
DNI: 33.746.024.
Último enderezo coñecido: Souto, 12, Carnoedo-Sada (A Coruña).
Feito denunciado: queimar ou acender lume en época prohibida.
Tipificación Regulamento incendios:
Artigo: 138.A.
Calificación: moi grave.
Sanción proposta: 50.000 ptas.
-Expediente: 298I/96.
Denunciada: Serantes López, Adelina.
DNI: 32.453.585.
Último enderezo coñecido: Castro, 25, Doniños-Ferrol (A Coruña).
Feito denunciado: queimar ou acender lume en época prohibida.
Tipificación Regulamento incendios:
Artigo: 138.A.
Calificación: moi grave.
Sanción proposta: 50.000 ptas.
-Expediente: 308I/96.
Denunciado: Ameijeiras Marras, M. Xosé
DNI: 33.193.787.
Último enderezo coñecido: Pena de Nosa Sra., 2, Cambre (A Coruña).
Feito denunciado: queimar ou acender lume en época prohibida.
Tipificación Regulamento incendios:
Artigo: 138.A.
Calificación: moi grave.
Sanción proposta: 50.000 ptas.
-Expediente: 325I/96.
Denunciado: Iglesias Veira, Guillermo.
DNI: 32.126.108.
Último enderezo coñecido: Drozo, 11, Anceis-Cambre (A Coruña).
Feito denunciado: queimar ou acender lume en época prohibida.
Tipificación Regulamento incendios:
Artigo: 138.A.
Calificación: moi grave.
Sanción proposta: 50.000 ptas.
-Expediente: 009I/97.
Denunciado: García Rico, Carlos.
DNI: 79.317.202.
Último enderezo coñecido: Vilarmaior, 14, Vilarmaior (A Coruña).
Feito denunciado: queima sen adopta-las debidas precaucións.
Tipificación Regulamento incendios:
Artigo: 138.C.
Calificación: moi grave.
Sanción proposta: 20.000 ptas.
1498

