Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Monte de Vilaformán (Trabada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Monte de Vila

formán (Trabada-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 85/1993, do 2 de abril,(DOG nº 71, do 16 de abril de 1993), que a xunta local da zona, na súa reunión do 19-12-1996, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Trabada e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra as bases poden os interesados interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo dun mes, e presentalo no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (ronda da Muralla 197-1º), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expre

sando no escrito un domicilio dentro do termo municipal, para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 28 de xaneiro de 1997.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo

1499