Dada conta na sesión do Pleno deste Concello, con data 27 de decembro do 1996, do remate dos traballos de avance do proxecto de reparcelación da unidade de actuación Torrentes, nun grao de desenvolvemento que permite formula-los criterios obxectivos e solucións xerais de reparcelación e no que se conten:
1. Delimitación da unidade de reparcelación.
2. Relación de propietarios afectados.
3. Cálculo de dereitos achegados.
4. Dereito individualizado de participación.
Por medio do presente avance, ábrese un período de información pública de trinta días, contados desde o día seguinte ó da derradeira das insercións deste anuncio no DOG, BOP e un diario de maior circulación da provincia, durante os cales poderán formularse cantas suxestións e, se é o caso, outras alternativas, se consideren oportunas, por corporacións, asociacións e particulares.
Os traballos poderán examinarse nos servicios técnicos do concello os días laborais, agás os sábados, en horario de oficina.
Burela, 3 de marzo de 1997.
Manuel Mon Rouco
Alcalde

