Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 25 de febreiro de 1997 pola que se modifica a clasificación dos postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello do Barco de Valdeorras (Ourense).

O Concello do Barco de Valdeorras, en sesión ordinaria do Pleno celebrada o día 30 de xaneiro de 1997, adoptou o acordo relativo á reclasificación dos postos de secretaría e de intervención do concello en clase primeira.

Na actualidade, os postos de traballo de secretaría e de intervención do Concello do Barco de Valdeorras están clasificados en clase segunda, de conformidade co previsto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O artigo 7 do devandito Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os concellos nos que concorran unha serie de características, poderán ser clasificados en clase superior á que lles corresponda, segundo o artigo 2 do mesmo real decreto, por instancia da corporación interesada.

Así mesmo, nas corporacións locais con secretaría de clase primeira, de conformidade co previsto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, existirá un posto de traballo denominado tesourería, reservado a funcionarios pertencentes á subescala de intervención-tesourería.

Por todo isto, tendo en conta as circunstancias que concorren no Concello do Barco de Valdeorras, de acordo coa información e documentación achegada pola propia corporación e a acadada por esta consellería, en aplicación do establecido nos artigos 7 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Os postos de traballo de secretaría, intervención e de tesourería do Concello do Barco

de Valdeorras, provincia de Ourense, reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, clasifícanse conforme se determina no anexo que se xunta a esta orde.

Segundo.-De conformidade coa disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, a modificación da clasificación á que se refire a presente orde non afectará ó destino dos funcionarios que viñesen desempeñando o posto con carácter definitivo.

Contra esta orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Postos de traballo de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello do Barco de Valdeorras (Ourense):

Posto: secretaría.

Clase: primeira.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Posto: intervención.

Clase: primeira.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: superior.

Posto: tesourería.

Subecala: intervención-tesourería.

1828