Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 1997 Páx. 2.374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

DECRETO 47/1997, do 20 de febreiro, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Maceda-Orois (Melide-A Coruña).

As parroquias de Maceda e Orois, que pertencen ó concello de Melide, están situadas ó sureste da provincia da Coruña, resultan afectadas pola concentración parcelaria aproximandamente 1.100 ha.

A dispersión parcelaria que presentan os terreos das ditas parroquias, posta de manifesto polos agricultores desta mediante solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, motivou un estudio de viabilidade e de valoración das posibilidades que ofrece a zona para incrementa-lo rendemento dos recursos agropecuarios, deducíndose a conveniencia de levar a cabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, formulada conforme o establecido na Lei 10/1985 do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reu

nión do día vinte de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPONGO:

Artigo 1º

Declárase de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Maceda-Orois (Melide-A Coruña).

Artigo 2º

O perímetro da zona será, en principio, o correspondente á totalidade dos terreos das parroquias de Maceda e Orois. O referido perímetro quedará en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións ou exclusións que se acorden, ó amparo dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 3º

A esta zona seranlle de aplicación os beneficios económicos programados ou asumidos pola Xunta de Galicia, para mellorar ou moderniza-las explotacións agrarias, e, en concreto, os que sinale o artigo 6 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 4º

Os traballos de execución desta concentración parcelaria iniciaranse nun prazo non superior ós 6 meses a partir da publicación do presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dicta-las disposicións complementarias que requira a execución do presente decreto.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de febreiro de mil novencentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

1771