O director-xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: contratación da subministración de carnes e derivados.
Orzamento: 26.422.900 ptas.
Garantía provisional: 528.458 ptas.
Lote 1: xamón (quilo); lacón fresco (quilo); touciño entrefebrado salgada (quilo); touciño (quilo); unto (quilo).
Orzamento: 2.329.250 ptas.
Garantía provisional: 46.585 ptas.
Lote 2: agulla (quilo); corte redondo (quilo); boliche (quilo); folla dura (quilo); croca (quilo); costas (quilo); faldra (quilo); lasca (quilo); ósos (quilo).
Orzamento: 15.820.000 ptas.
Garantía provisional: 316.400 ptas.
Lote 3: chourizo para potaxe (quilo); xamón cocido sen sal coa súa pel (quilo); xamón curado sen óso (quilo); xamón de york (quilo); paleta cocida coa súa pel (quilo).
Orzamento: 2.343.750 ptas.
Garantía provisional: 46.875 ptas.
Lote 4: polo limpo, pezas de 1.400 a 1.600 g (quilo); peitugas de polo (filete de 200 gr)(quilo); zancos de polo (zanco de 250 gr)(quilo); pavo, zanco conxelado de 250 gr (quilo).
Orzamento: 3.155.900 ptas.
Garantía provisional: 63.118 ptas.
Lote 5: ovos de 70 a 80 gr súper extra (ducias).
Orzamento: 2.124.000 ptas.
Garantía provisional: 42.480 ptas.
Lote 6: coello, pezas de 900-1.100 gr (quilo).
Orzamento: 650.000 ptas.
Garantía provisional: 13.000 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
II. Prazo de entrega: ás 24 horas tódolos días excepto festivos.
IIa) Calendario de entregas parciais: a entrega dos víveres farase segundo a demanda do Servicio de Hostelería de acordo cos prazos, horarios e a periodicidade definida nos pregos de especificacións técnicas.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
1. Oferta económica: 60%.
2. Calidadade: 20%.
3. Presentación: 20%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 14 de febreiro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
1638

