De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns. Para a comprobación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52.1º-D da Lei xeral tributaria.
Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.
Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2 ou o potestaivo de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de América bloque 1 portal oficinas 1ª planta-Vigo, ámbolos dous no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula. Así mesmo no prazo establecido para os recursos poderá promove-la práctica de taxación pericial contradictoria, a dita solicitude determinará a suspensión do ingreso da presente liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.
Contribuínte Enderezo Contía Concepto 
Vigo Exp. 875/93
 Vigo 5.291 T30020/96
 Exp. 476/87
 Vigo Exp. 1413/93
 Vigo Exp. 1373/93
 Vigo Exp. 1373/93
Vigo, 29 de xaneiro de 1997.
Domínguez Areal, Jaime Estrada 24-1º
 132.252 D-1348/95
 Gómez Casal, Margarita Policarpo Sanz 7-1º
 205.892
 S-804/96
 Pérez López, Carmen C. Dr. Corbal 166-B
 240.003 S-735/95
 Vázquez Mato, Francisco Hispanidade 76
 854.666 S-420/95
 Vázquez Mato, Ignacio Hispanidade 76
 854.666 S-419/95
 
Pedro J. Arbolí Albarracín
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
1749

 
 
 
 