Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Viascón (Cotobade-Pontevedra) que, co obxecto de que tomen posesión provisional deles, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, e que se fixa como data límite, para a dita toma de posesión, o 15 de abril de 1997, por falta de acordo do propietario delas e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.
Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 16 de abril de 1997, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.
De acordo co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.
Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outórgalles a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que, todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, por falta de acordo co adxudicatario.
Pontevedra, 25 de febreiro de 1997.
Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra
2195

