A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes subministracións:
-adquisición de dous pavillóns desmontables na cidade de Lugo para o proxecto Galicia Terra Única.
Orzamento de licitación: doce millóns setecentas trinta e seis mil oitocentas pesetas (12.736.800 ptas.), IVE incluído.
Prazo de execución: quince (15) días.
Fianza provisional: duascentas cincuenta e catro mil setecentas trinta e seis pesetas (254.736 ptas).
Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.
Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.
Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería den sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposiciones na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.
P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)
José Mª Sánchez González
Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social
2200

